Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Polo roteiro de Sarmiento

martes, 05 de julio de 2022
A semana pasada puidemos seguir a través da Cadea Cope a peregrinación do xornalista Carlos Herrera a Santiago, rodeando a comarca do Salnés. Trátase dunha variante do Camiño Portugués a Santiago que reproduce o roteiro elixido polo Padre Sarmiento para gañar o xubileu do ano 1745.

Tiña Sarmiento 50 anos e a vista cansa de tanto ler e escribir na súa cela do mosteiro de San Martín de Madrid. Esculcara xa por entón as principais bibliotecas e arquivos da capital e de todos os mosteiros bieitos. Estaba ávido, como bo ilustrado, de mergullarse na natureza e coñecer cos pés.

A ocasión proporcionoulla unha viaxe a Valladolid para participar nun capítulo da orde. Terminados os traballos, dirixiu os seus pasos cara a Pontevedra e, desde alí, emprendeu a peregrinación a Santiago, gozando das incomparables paisaxes da ría de Pontevedra e de Arousa, para desembocar en Iria Flavia.

Saíu de Pontevedra o día 19 de xullo e chegou a Compostela o día 22, nas vésperas da festa do martirio de Santiago. Grazas ao minucioso diario titulado Viaxe a Galicia, sabemos que pasou polo Grove e recolleu unha poliña da figueira onde, supostamente, aforcaron ao Meco.

O que non puido visitar, porque aínda non existía, é a preciosa Capela das Cunchas da Illa da Toxa, cuxo altar maior está presidido por unha gran cuncha de vieira que acolle a imaxe da Virxe do Carme, iluminada por dúas vidreiras: unha de Santiago e outra da Rainha Santa Isabel de Portugal, peregrina a Santiago no ano 1325, e cuxa festividade se celebra cada 4 de xullo, día do seu falecemento. Seguro que Carlos Herrera, bo coñecedor da zona, visitouna en máis dunha ocasión.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES