Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Boca abaixo

lunes, 04 de julio de 2022
Vaia por diante que para un servidor dicir OTAN e dicir Estados Unidos. E non hai volta de folla. Para unha análise profunda desa sentenza están os entendidos, que sei que hai moitos que opinan o mesmo. Esta semana pasada houbo un cumio desa alianza que medio revolucionou o noso país. E non vou entrar en analizar (repito, os entendidos que si o fagan) toda esa trapallada, trangallada, chafallada sobre o que Boca abaixoacordaron e deixaron de acordar. Nin tan sequera me meto con todo o que se tivo que gastar na súa organización (e con toda a crise que temos enriba), pero si me chamou a atención a gran anécdota que se desenvolveu cando interviu o noso presidente Pedro Sánchez. Case mellor digo que o que realmente me chamou a atención foi o seguimento dos medios de comunicación a tal feito.

A tal anécdota foi cando á bandeira de España (máis ben, bandeirola) a puxeron boca abaixo. Iso si que foi un auténtico galimatías e non os temas que se estaban a tratar no cumio. Que desastre! Que calamidade! Que organización! A ver cando nos decatamos de que un país lévase na cabeza e non nun trapo ou nun papel ou nun plástico. Si, xa sei... é que representa tal, é que o patriotismo cal.

E de patriotismos sabemos moi ben como o leva o propio Estados Unidos..., que non hai país no mundo que non se mofe dese patriotismo ianqui. Repito: un país lévase na cabeza ou (se queredes) nas entrañas, pero non hai que darlle moita pompa a unha bandeirola cosida a un pau.

Boca abaixoFóra do cumio da OTAN tamén se falou bastante da dimisión do presidente do Instituto Nacional de Estatística, Juan Manuel Rodríguez Poo, e que vén a demostrar como é a política, como son os políticos. Todos, absolutamente todos. Ás veces, polo valor dunha palla, por calquera carallada a oposición (calquera oposición) pide sempre a dimisión de tal ministro ou de calquera alto cargo. Agora, neste caso, como ese alto cargo dimitiu dan lume cos dentes ou póñense como unha brasa por que realizou tal acto. O caso é dicir algo sempre; que máis dá que sexa a favor ou en contra. Cando sexa a favor imos en contra, e cando sexa en contra imos a favor. Como debe ser. O caso é facer oposición.

E repito, dáme igual que o cesaran, que cesara ou que bailase un tango. E dáme igual que sexan do partido que sexan. O caso é ter algo que dicir. Aínda que se diga mal.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES