O que teña que ser, será
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 07 de julio de 2022
Non sempre merece a pena forzar unha situación:
- Cada persoa nace cos seus propios talentos.
- Cada persoa ten a súa propia capacidade intelectual.
- Cada persoa é única e irrepetible.
- Cada persoa ten as súas propias circunstancias persoais.
- Cada persoa ten que recorrer o seu propio camiño.
- Cada persoa ten que evolucionar na medida das súas posibilidades.
Ese camiño teno que descubrir ela mesma.
Pode aconsellarse, pode orientarse; pero non forzar.
Chega un momento no que cada quen precisa sentirse dono e responsable de si mesmo.
Hai situacións que non se poden forzar.
As cousas feitas á forza non saen ben.
Hai que respectar as peculiaridades de cada persoa.
- QUE CADA PERSOA ELIXA A PROFESIÓN pola que senta máis atractivo, se sinta mellor preparada e mellor capacitada para levala a cabo.
A veces, con moi boa intención, os pais obrigan ós fillos a facer uns determinados estudios para que poidan gañarse ben a vida; pero se fan unha cousa que non lles gusta, cabe a posibilidade que: nin sexan bos profesionais nin se sintan felices co que fan.
Un bo profesional na rama que sexa é o que conta.
- CÓMPRE QUE CADA PERSOA ELIXA O ESTADO CIVIL según a súa vocación.
Para santificarse, valen todos e para condenarse, tamén.
O que importa é ser coherente co estado que se elixíu para realizarse da mellor maneira posible.
- QUE CADA PERSOA ELIXA VIVIR: na cidade ou no campo; na montaña o una costa
Onde mellor se encontre con tal de que teña os medios suficientes para vivir de maneira honrada e feliz.
- QUE CADA PERSOA SE CASE CON QUEN QUEIRA, é unha elección persoal.
Os casamentos por interese se non hai amor, de nada valen.
Pode darse o caso que lle impidan casarse con alguén porque non encaixa cos ideais da familia, e pensando facerlle un ben, traumatízano/a de por vida.
Porque:
O que vai ben a un, vai mal a outro.
O que lle gusta a un, non lle gusta a outro.
Cada persoa ten os seus gustos e para que se sinta ben consigo mesma, ten que facer como a ela mellor lle pareza.
A VOCACIÓN DE CADA PERSOA MERECE UN PROFUNDO RESPECTO.
Resumindo:
- Cada persoa ten o seu oco na sociedade.
- Cada persoa ten o seu camiño particular.
- Cada persoa ten a súa propia personalidade.
- Cada persoa ten dereito a realizarse na vida da maneira que se acomode mellor á súa maneira de ser, sempre e cando, sega un camiño correcto.
NON HAI UN ESTADO CIVIL MELLOR QUE OUTRO: cada un ten as súas propias dificultades, as súas propias ventaxas e os seus propios inconvintes.
En todos hai que loitar.
NON HAI NINGUNA PROFESIÓN MELLOR QUE OUTRA: todas son necesarias e igualmente dignas e importantes.
O QUE SI HAI QUE SER COHERENTE CO ESTADO CIVIL OU COA PROFESIÓN ELIXIDA.
A coherencia é moi necesaria en tódolos campos da vida.
Tamén cómpre ser moi coherente coas crenzas.
Xa se sabe: unha fe sen obras é unha fe morta.
DE NADA VALE TER MOI BOS IDEAIS SE AS OBRAS NON ACOMPAÑAN.
AS NOSAS OBRAS SON AS QUE DIN O TIPO DE PERSOA QUE SOMOS.
Porque:
"OBRAS SON AMORES"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazas por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora