Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

Rivas Delgado, Antonio - viernes, 01 de julio de 2022
Esa sensación do baleiro
Faltan dez minutos para as doce do mediodía. Estou no alto do Pirulí, ou sexa, no alto da Torrespaña, a torre de comunicacións da capital do Imperio. Estou a 220 metros e penso subir ata o cabo da antena, o que significará que estarei a 232 metros; un boa altura. Moita altura para probar o que se sente cando un se lanza ó baleiro. Debido a que, por falta de cursos e de prácticas, non podo usar paracaídas (nin un maldito parapente, que na linguaxe técnica é un planador flexible ultralixeiro), non me queda outra que probar a peito aberto, a pelo, é dicir, ó bruto, ó besta. Sempre me fascinou esa sensación do baleiro. Que se nota? Que se sente?
Pingas de Orballo
Madruguei para poder estar neste lugar a esta hora. Pillei o AVE na estación do Empalme de Ourense e cando pasei polo concello de Baños de Molgas, que queredes que vos diga, mentalmente despedinme un pouco da miña vila. Sempre lle quixen moito e non sabía se volvería. Cando cheguei a Madrid larguei coma un foguete para o Pirulí. Ensinei algo así como unha copia dun carné de periodista e non me atopei con ningún atranco para subir.
Escollín as doce da mañá porque a esta hora a canícula xa impón abondo, e a xente non está pola labor de chamuscarse ó sol. Non tardei en aganchar, agatuñar pola antena arriba. E aquí estou, cos brazos abertos e a 232 metros. Vou probar. Déixome caer ó baleiro. Ufff, demasiado rápido. Coiro de pita. Sensación de medo. Chan que se achega. Non sei se o contarei. Un pouco arrepentido, pero non hai volta atrás, é dicir, para arriba. Esa sensación do baleiro non é como esperaba. O chan cada vez...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICIDAD
HOMENAXES EGERIA
PUBLICACIONES