Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Colonialismo

viernes, 17 de octubre de 2008
Faltan arredor de tres semanas para que se celebre a fase final das eleccións norteamericanas, e parece como se Galicia votase ou se se fose a votar para elixir ó noso máximo gobernante.

Sabemos que Usa segue a ser o país punteiro que abre o paso da vida mundial, e que por algo cando se fala de Norteamérica a referencia é ós Estados Unidos. E aínda cando se menciona ós “americanos”, a verdade é que ven ser referido ós habitantes do país máis poderoso do mundo.

O colonialismo cultural estadounidense impúxose primeiro coa economía e a moda, pero foi o imperio da imaxe –a factoría cinematográfica de Hollywood- o que impuxo os xeitos do país de paises nunha Europa rendida de antemán á invasión ianqui.

Xa quixeran os nosos políticos a atención informativa que os medios xeneralistas prestan a ese longuísimo proceso electoral no que parece levar vantaxe ampla o candidato demócrata ó que fomos seguindo paso a paso ata chegar a esta culminación gloriosa. O cantidato republicano apareceu como da nada ou por ensalmo e por eso nos grandes medios ven sendo tratado como un segundo necesario para que haxa debate e loita política.

Deste colonialismo informativo non sairemos cando a elección se produza senón que, coñecido o vencedor, empezará unha nova era de reforzamento da imaxe, trato cos nosos gobernantes, posibilidade de relación política e económica, visitas de estado ou particulares, dependencia económica e previsións de crecemento. A nosa vida política, social e económica presentarásenos de novo en función do que pase á outra beira do Atlántico.

Fálase de que Xibraltar é o último resto do vello colonialismo en Europa, unha colonia inglesa dentro da Península Ibérica. Pois antes de reivindicar Xibraltar descolonizado imos ter que pensar en descolonizarnos mentalmente do gran amigo-irmán norteamericano.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES