Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Francisco de Fientosa

martes, 28 de junio de 2022
Francisco Vega Ceide, naceu en Santa Locaia de Castro de Rei hai 110 anos. Aínda mozo o século XX escribía versos maxistrais en galego: "Imos coller niños novos / agora que é primadeira. / Na beira do amor somentes / o choupal do corpo dela". Coñecido como Francisco de Fientosa e considerado o "Lorca galego", soñaba: "Sentada na soleira / ti fías. A raiola / é unha freixa de sol / que abanea a túa roca."
Francisco de Fientosa
Sobre Fientosa sábeo todo o escritor de Castroverde Ricardo Polín, que recompilou a súa obra en "A primeira luzada". Dese libro, o tamén escritor de Castro de Rei, Xosé Otero Canto, escolmou a poesía galega, analizouna polo miudo e publicou o estudo en Galicia Digital. Son uns versos sorprendentes: "Ao vir o neno mencer / sempre te atopo no leito / agruchada coma o verme / na folliña do loureiro".

Publícase agora "Imos coller niños novos...", con estes poemas galegos verquidos ao castelán, vasco, catalán e portugués, co que oitenta e seis anos despois do seu pasamento aos 24 anos no terrorfico Madrid de 1936, a poesía galega de Fientosa pode ser coñecida nos cinco idiomas literarios da Península Ibérica.

Fientosa foi escritor sobranceiro no territorio poético da Terra Chá, onde as figuras de Manuel María, Díaz Castro, Aquilino ou Darío son a punta do iceberg de ducias de poetas que deben figurar na nosa memoria e na historia da literatura deste país.

O libro presentarase este mércores na Biblioteca Crecente Vega de Castro de Rei e na Provincial de Lugo. Acheguémonos a Fientosa: "Díxolle a nena: Vaites mar / quen poidera collerte / na cunquiña da man. / E na tona da auga / o mar a rir / unha bagoa cativa / é meirande ca min".

Para máis información:

sobre Francisco da Fientosa:
http://galegos.galiciadigital.com/es/francisco-vega-ceide

Sobre Ricardo Polín:
http://galegos.galiciadigital.com/es/ricardo-polin

Sobre Otero Canto:
http://galegos.galiciadigital.com/gl/xos%C3%A9-otero-canto
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES