Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 29 de junio de 2022
A miña ilusión
De todos é sabido que unha das mellores ilusións do home era a de voar. A miña tamén. A proba é ese traxe de astronauta que teño no faiado. Por certo, nos faiados é onde se desenvolven os mellores soños. Emporiso, o gran problema meu está nos aparatos; non teño foguete, nin avión, nin helicóptero, nin avioneta, nin aguia que me Pingas de Orballo leve. E pensando en todo isto esta noite pasada, aconteceume pola mañá algo que non creredes, pero é o que hai e o que foi.
Espertei cunha sensación rara e con certo malestar nas omoplatas. Pensei que sería dalgunha mala postura na cama. Non obstante, botei a man dereita sobre o ombreiro esquerdo e souben ó momento que me saíran ás. Como o digo! Como o conto! Marchei coma un alustre ó cuarto de baño para mirarme ó espello. E alí estaban. Si, como as dos anxos. Un par de ás brancas e grandes.
Sempre fun atrevido. Tiña que probalas, botarme a voar. Pero sabía que ó mellor non o conseguía a ras do chan por moita carreira que botase e impulso que tomase. Mais sabía do sitio perfecto. Subín ó campanario da igrexa de Baños de Molgas, a case 30 metros de altura e... malo será! Púxenme á beira da campá que dá cara ó norte, abrín os brazos e que sexa o que Deus queira. Se fallaba polo menos caía sobre as casas que me viron nacer e crecer.
Levo tres días seguidos voando. Como o digo! Como o conto! Para comer abro a boca e por aí penetra toda clase de mosquitos e bichos. Penso seguir voando outros tres días. Con estas ás dá gusto.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES