Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 28 de junio de 2022
A Vinganza

Chegou o momento e estou un pouco tenso e abondo nervioso. Levar a cabo unha vinganza non é prato de gusto. Pero non me queda outra. O tipiño ese que me arruinou a vida non pode marchar coma o peido do cu. Levo varios días planeando todo ó pé da letra. Estudei as súas costumes, vixiei todas as súas idas e vidas e mesmo contei todos os seus pasos. Ata case podo asegurar o número de latexos por minuto do Pingas de Orballo seu corazón. Teño todo máis que estudado. Pensade nesas formulacións perfectas das películas que, a miña, aínda é máis perfecta.
Non quero expandirme moito para non deixar rastro, pero tampouco quero que non se saiba. E vou dar un dato do que eu mesmo me asombrei pola ocorrencia: que a arma homicida, ou sexa, a pistola non a tirarei a un contedor de lixo, nin ó río Arnoia, nin tan sequera a enterrarei na Pitediña... vouna gardar no niño vello dunha pega que xa teño localizado nas Lagoas. A ver, a quen se lle vai ocorrer buscala aí, nun niño? Nin detective, nin policía, nin rabo de gaitas.
Chegou o momento. Son as doce da noite e vou para alá. Para a súa casa. Sei tanto sobre el que incluso sei como coloca a man para meter a chave na porta. Eu fago exactamente igual. Entro tan caladiño que nin esperto ós mosquitos. Paso á acción e... me cago na puta!, teño o silenciador pero non trouxen a pistola! Non me quedou outra que darlle sebo ós pés ou fuxir a lume de carozo.

A culpa é de...

Antigamente, os parladoiros desenvolvíanse nos lavadoiros -as mulleres- e nos bares -os homes-. No caso de Baños de Molgas eran o lavadoiro e o mazadoiro, ambos os dous da burga. Hoxe, os parladoiros lévanse a cabo nas esperas das consultas médicas. Porque xa ninguén lava a man e porque, por un achaque de nada, axiña nos Pingas de Orballo achegamos ó centro de saúde ou ós hospitais que sempre haberá con quen falar. E sempre falamos ben, ou sexa, a favor, é dicir, descargando a culpa nos demais.
Por cousas da vida, mellor dito, da saúde levo un tempo andando de aquí para alá con xente ós médicos. E, claro, nas esperas a xente dálle que dálle, ou sexa, á lingua. O outro día dúas señoras botábanlle a culpa ós africanos e ós suramericanos. Botábanlle a culpa de todo. Que baixaban da patera e xa tiñan un emprego e unha pensión de por vida. Que cruzaban o charco e a sanidade ós seus pés, os traballos ás primeiras de cambio e demais etcéteras a darlle cun sacho.
Ó seguinte día, unha señora falando comigo sobre o Covid axiña me soltou que a culpa era dos chinos e dos marroquís. Eu, como creo que sei de que pé coxea esa xente, ó dicir marroquís entendo que aí tamén entran no paquete os demais africanos. E eu que sei quen entrará no paquete dos chinos. Calquera. Porque a culpa sempre é dos demais. Sempre. E cando non atopamos un culpable, xa sabedes que a culpa é do chachachá. Se a culpa é nosa, é un erro. A dos demais, si é culpa.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES