Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

A ladaíña de sempre

lunes, 27 de junio de 2022
A ladaa de sempre Xa sei que me repito moito coa apostila ou coa ladaíña de que Galicia é o cu do mundo e Ourense o ollo do cu. É que non queda outra que repetir isto unha e mil veces, practicamente todas as semanas. O martes pasado este mesmo periódico informou de que a provincia volve ó furgón de cola estatal en materia de obra pública. Agora ben, se non é a primeira vez que uso esa postila, será porque non só somos o furgón de cola nesa materia. Se só fora nesa... Pero somos os máis pobres de todos os pobres. E seguiremos. Porque para este recanto da xeografía española se non miran nin os propios gobernantes galegos, menos mirarán os de máis alá do Padornelo. Sei que o ollo do cu volverá aparecer. E volverá. E volverá. Estamos máis que condenados.

Outra ladaíña máis: a das nosas linguas e os anglicismo. Resulta que os grandes partidos políticos non queren que no Congreso se fale galego, catalán e euskera. Como se non pertenceran ó Estado español. Lembrar que o Congreso lexisla en todo o territorio e que esas tres Comunidades están en tal territorio. De que prohiban a nosa fala non me pilla de sorpresa (digo o mesmo do anterior parágrafo: se os propios gobernantes galegos non miran pola nosa lingua, menos mirarán os da capital do Imperio), pero o que si me causa moita carraxe é de que prohiban as nosas, pero que non lle poñan ningún reparo, ningún atranco ó uso e escritura de anglicismos. No Congreso usan as típicas palabras inglesas que levan xa anos apoderándose de todas as nosas linguas. De todas. Non podemos ser máis parvos, estúpidos e idiotas!

A ladaíña de sempreVou esquecer a carraxe e o ollo do cu. Os ourensáns tamén temos dereito á rexouba, á retranca. Estaremos á cola en todo, pero levámolo ben, mesmo se fai falta, con alegría. Por esta vez creo de verdade que foi un ourensán o que merendou un bocadillo en Marte. É que o outro día atoparon papel de aluminio nese planeta, e os técnicos só tiveron a ocorrencia de facer bromas co envoltorio dun bocadillo que se manducou un marciano.

Inocentes, carallo, inocentes! Que sodes uns inocentes! Se se dixo sempre que houbo (e seguro que aínda está) un galego na lúa, canto tempo podía tardar en alcanzar Marte? E seguro que era ourensán! O que pasa é que, claro, somos primeiros en cousas que... xa vedes, que pillan a mofa. Non obstante, a nós danos igual.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES