Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

'El hombre del carrito'

viernes, 24 de junio de 2022
Esta película xaponesa de 1958 gañou o León de Ouro en Venecia. Un clásico e unha delicia. O home do carriño era o gran Toshiro Mifune. Versión atroz na Ucraína devastada pola barbarie: a fotografía dun home morto a carón do carriño da compra. Recorda os versos terribles de B. Brecht. "Cando rematou a guerra / houbo vencedores e vencidos. / Entre os vencidos o pobo pasaba fame. / Entre os vencedores / o pobo pasaba fame...". Nesta guerra absurda, a ONU anota 1325 civís mortos e 2017 feridos. 2113 unidades rusas destruí-das e 631 ucranias. 4,4 millóns de refuxiados, 6,5 millóns de desprazados. A realidade disparará estas cifras. A retirada rusa da cidade de Bucha deixou unha paisaxe de atrocidades propias de hordas xenocidas e crimi-nais de guerra.

A cegueira da sociedade rusa dispara a popularidade de Putin ata un 83%. Ten pasado antes. Na Bulgaria comunista os referendos gañábanse por riba do 100%. Hitler foi seguido ata o delirio por un pobo culto e humillado. Aquí, o xeneral superlativo arrasaba nas consultas. Máis cerca de nós, Trump, manancial de populismos, engaiolou a 50 millóns de votantes. Agora un desfile de flautistas de Hamelin autoritarios vende con éxito apócemas nas eleccións e internet.

Os xornalistas van, esculcan e contan o que pasa. O arrepiante espectáculo da guerra contra a xente. A implacable destrución das casas, parques, teatros, supermercados, hospitais. Escenarios onde a vida se abre paso. Tamén contan o sacrificio de miles de reclutas rusos enviados ao matadoiro polo sátrapa ruso. Volverán a casa en caixas de cinc.

Un exército de civís armados con carriños de compra deambula á procura de comida. Este invencible exército de derrotados está composto por batallóns de nais, brigadas de anciáns, compañías de nenos. Faltan os pais, obrigados a se enfrontar á cobiza imperialista do invasor.

Aquí, baixo o paraugas da UE e máis da OTAN soportamos as turradas do tirano. As hienas dos negocios fáciles aproveitan o medo para inflar prezos da enerxía e do pan noso de cada día. Chámase inflación, impos-to contra a xente do común.

Xa ocurríu nos duros días da pandemia. Mentres os mellores se enfrontaban ao virus, os 'guerreiros' da usura multiplicaban ata un 400% os prezos de máscaras e material sanitario. A un lado da batalla, enfermos, Ucis, mortos. No outro, as cobizosas hienas.

Pasa agora nesta guerra absurda. A honda de David difícilmente derrubará a un Goliat armado coa máis letal maquinaria bélica. Devastación dos escenarios da vida. A mentira como arma de guerra. Terror indiscrimi-nado como estratexia letal. Éxodo de millóns de inocentes. E tantos mortos e feridos que non seremos quen de contar.

Nunha rúa de calquera cidade bombardeada, un home tirado na rúa. Ao seu carón, o carriño da compra.
Pinto Antón, J.A.
Pinto Antón, J.A.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES