Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

As tres xoias

jueves, 16 de octubre de 2008
Galicia é unha potencia turística, con incontables recursos naturais, infraestructurais e humanos, que a convirten en punto de mira de moitísima xente. De todo o mundo, de toda España, da mesma Galicia.

Aínda que as cuantificacións son problemática, sábese que o principal punto de atracción do turismo que ven a Galicia é a cidade na que remata o Camiño de peregrinación, e dentro desta a Catedral de Santiago.

Séguenlle logo as Illas Cies-Parque Nacional das Illas Atlánticas, e en terceiro lugar o monumento coruñés para o que se pretende a declaración de Patrimonio da Humanidade, a Torre de Hércules.

Controlar os visitantes a Santiago é tarefa pouco menos que imposible, pero non hai máis que mergullarse no ambiente compostelano para ver as cotiáns invasións de xentes de todo o mundo que teñen convertido a noutrora tranquila cidade eclesiástica e estudiantil nun maremagnun humano.

É máis doado o das Illas Cies porque con cuantificar os viaxeiros que ás súas costas chegan queda estatística exacta. No caso da Torre de Hércules, coñécese o número dos que entran nela, pero non o dos que a admiran desde o exterior.

Son os tres primeiros elementos, pero detrás -ou quen sabe se diante- temos a muralla de Lugo, as termas de Ourense, as rías altas e baixas e os vales do interior, Santa Tegra e San Andrés de Teixido, e así ata o infinito.

Tres xoias, trescentas, tres mil... Somos riquísimos en recursos nun sector que ten un excelente porvir. Que a existencia dos exemplos máis brillantes non nos faga esquecer os máis humildes. Cada pobo de Galicia, cada aldea, ten algo que ensinar e explotar axeitadamente. Un aspecto importantísimo, vital, do noso futuro témolo mesmo á beira de calquera de nós.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES