Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Facemos leña do árbore caído?

miércoles, 22 de junio de 2022
Moitas veces recomendan non facer leña do árbore caído en tanto outros opinan que non convén desperdiciar o produto. Cando cae un árbore o sensato sería plantar outro e aproveitar o que se poida do que caeu. No concernente ao fútbol de proximidade caeron dous árbores, dando coas súas aspiracións de ascenso a segunda división no Facemos leña do árbore caído?chan. Racing de Ferrol e Deportivo de A Coruña seguirán unha tempada máis nese invento de liga da Federación Española cuxos intereses baséanse máis en faceren caixa que noutra cousa. O Depor, máis co Racing, tíñao todo de cara: xogar as eliminatorias na casa ao abeiro dunha afección que encheu o campo ata a bandeira con 26.000 seareiros en cada partido, pero nin con esas. O árbore caeu dando no chan con todas as súas gallas. E agora? Pois o mesmo haberá que aproveitar a leña para avivaren o lume doutro proxecto queimando as pólas que non serven. Non se pode, nin se debe, plantar de novo un árbore cuxas raíces debilitadas non puideron resistir máis. O mellor é darlle vida a un novo. Veremos se a entidade bancaria que sustenta economicamente ao Depor estará disposta a seguir financiando esta empresa que necesitaun rescate con urxencia. Si, seino, hai outras salvacións máis perentorias, abofé.

O fútbol foi perdendo interese para min dun tempo a esta parte. Gusto de ver un bo partido porque é un deporte belido, pero agora o fago dende unha posición aséptica, sen que me quite o soño o resultado, pois a simpatía que poida ter por un equipo queda nun segundo plano cando un xoga mellor e merece gañar. Pero o fútbol visto como deporte quedou relegado, soterrado, diante de espurios intereses dos que gobernan a Liga e a Federación aos que non fai falta aludir porque están na mente de todos. E os seareiros... a velas vir.

Non hai dúbida que o fútbol actúa como ansiolítico. Mentres andamos leados cos resultados, clasificacións, fichaxes e vida privada das "estrelas", non reparamos en cales son as causas de que os grandes oligopolios nos estean roubando acotío, de que un goberno de "esquerdas" non repare nos dereitos da cidadanía contemplados na Constitución, de pedirmos o que é de leie non nolo dean, etc.

Xesús dixo un dia aos seus apóstolos: "eu son o que son" e Vujadin Boskovaos seareiros aquilo de "fútbol é fútbol", e tan tranquilos.

Podemos concluír que o fútbol é coma unha relixión cas súas catedrais enchidas cada vez que hai oficio por milleiros de fieis que adoran aos seus ídolos coma deuses. Algunha vezse cantan glorias e outras funerais como aconteceu en Riazor o outro día. Haberá resurrección? Só Deus e o poderoso cabaleiro sábeno.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES