As cousas ben feitas
Cachaza Platas, Mercedes - jueves, 23 de junio de 2022
Din alí que:
"O ben feito, ben parece".
Dámoito gusto ve-lascousas ben feitas: unha comida ben feita, un traxe ben feito, unha casa ben feita, un labor ben feito...
E sobre todo: unhapersoa ben educada.
EDUCAR UNHA PERSOA É TODA UNHA OBRA DE ARTE.
Esa gran obra de arte comeza desde o día do nacemento, ou quizais antes.
A mellor universidade é a da propia familia: ESE LUGAR SAGRADO onde "semama": RESPECTO, XENEROSIDADE, FE, SERVICIALIDADE, HONESTIDADE, BONDADE, TOLERANCIA, RESILIENCIA, FRATERNIDADE, LIBERDADE, AFABILIDADE, SACRIFICIO, HUMILDADE, ESPIRITUALIDADE, AMOR...
-RESPECTO cara ós que pensan diferente porque ningún está na posesión daverdade absoluta.
-XENEROSIDADE porque a riqueza está en compartir, dado que todos precisamos enriquecernos mutuamente uns cos otros.
-FE para ter a quen agarrarse fortemente cando a vida nos pon probas difíciles.
-SERVICIALIDADE porque as boas obras saendun corazón abertodisposto a darse en amor en estado puro.
-HONESTIDADE porque todos precisamos que se nosrecoñeza como persoas honradas, francas, íntegras, leais, dignas...
-BONDADE que é o mellor calificativo que se lle pode asignar a unha persoa porque significa que ten bo corazón: saber ser e saber estar...
-TOLERANCIA ante as diferencias coas outraspersoas intentando poñersenasúa situación para comprendelas: empatizar.
SER TOLERANTE NON SIGNIFICA DEBILIDADE, SIGNIFICA RESPECTO POLAS DIFERENCIAS.
Que o outropense diferente que min, non significa que sexa mellornin peor; é sencillamente: diferente.
ESO NON QUITA QUE CADAQUÉN PENSE E SEXA COMO LLE PARECE QUE DEBA SER.
-RESILIENCIA: esa capacidade tan necesaria hoxe en día para superar situacións traumáticas que nos encontramos a miúdo no día a día.
Saber encaixar os contratempos da vida ten o seumáisou menos.
Hai moitas persoas que precisan tratamento psicolóxico porque non saben "encaixar" unha morte dun ser querido, un accidente, unha separación, un fracaso na vida...
-FRATERNIDADE co resto dos seres humanos e coa nai natureza porque todos formamos un todo.
-LIBERDADE para poder expresar e ser o tipo de persoa que desexamos ser, elxindo as opcións que nos parecen máisexeitadas para a nosa evolución persoal.
-AFABILIDADE coas persoas que nos rodean porque di moi ben de nós.
-SACRIFICIOante as cousas que merecen a pena porque todo ten un prezo:os estudios, a familia, a vida laboral, a vida mesma...
-HUMILDADE: esa virtude que nos fai tan grandes...
-ESPIRITUALIDADE que nos permite mirar ó alto sen apegos á materia porque viñemos sen nada material e irémonos do mesmo xeito.
-AMOR: este é o mellor porque somos froito do amor e se facemos todo con amor, hai moitas posibilidades de que o éxito estea asegurado.
ESTES, ENTRE OUTROS VALORES, SON OS QUE FAN PERSOAS CON CAPACIDADE PARA FACE-LAS COUSA BEN FEITAS PARA CONSTRUIR ESA SOCIEDADE COA QUE TODOS SOÑAMOS.
Porque todos soñamos.
Todos temos algún proxecto na mente para o que necesitamos alicientes.
"ALICIENTES PARA TODOS"
Este será o título do seguinte artigo.
Moitísimas grazas e o meu máis grato recoñecemento a todas as persoas que me inculcaron eses valores.
E moitas grazas tamén a vostede por terme na súa consideración nesta ocasión.

Cachaza Platas, Mercedes
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora