Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 23 de junio de 2022
Na palleira da memoria

O outro día, como non sabía que facer, optei por envolver un feixe de pensamentos e gardalos na palleira da memoria. E quen di pensamentos, di tamén sentimentos. Ou ruxerruxes. Ou latexos. Algo así como unha mestura de algo. Ou de todo. É bo telos no feixe e na palleira. Así, cando me pete, podo collelos e deixalos caer sobre un papel en branco. Ou nunha conversa física. Pero, en principio, non está mal mantelos en reserva.
Para contar hoxe, para dicir, para escribir podo buscar outros. Que para iso está a imaxinación (os que a teñen) ou os feitos. Porque hai pensamentos e sentimentos que se poden dicir ás claras, sen vergonza, pero, iso si, con calma. Mentres que hai outros que, por en canto, polo de agora, aí quietiños, envoltos no feixe e esperar a ocasión. Certos pensamentos ou sentimentos se se din a destempo poden causar problemas, poden mancar, mesmo facer dano. E para que? Para que facer pasar malos tragos? Que queden na palleira e, logo, cando sexa o momento, a ocasión sacalos do feixe e botalos no comedeiro do caderno. Ou no presebe.
O dese feixe foi o outro día. Pero xa teño algún feixe máis. Porque os pensamentos son moitos. E os sentimentos aínda máis. Os ruxerruxes e latexos, para festas de gardar. Así de católico estou. Cando deixo de ser católico e fago uso de palabras groseiras ou pecados veniais, estes xúntoos nun mangado e van estrar o cortello da carraxe. Que de todo hai na viña do señor e na cabeza (ou na memoria) dun servidor.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PROMOCIÓN
PUBLICACIONES
Publicaciones
Publicaciones Amencer
Revista Egap
Obradoiro de Artesania