Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 22 de junio de 2022
O Banderas Infantil

A Lisardo, o fillo da Grela, non lle sae da cabeza a película "Átame!", de Almodóvar, na que Banderas secuestra a Victoria Abril por amor. Lisardo quere Pingas de Orballo secuestrar á súa Pichurriña (chámalle así, Pichurriña, porque o fillo da Grela é moi infantil). Tal secuestro débese, claro está, a que ela non está pola labor. É dicir, que non arrea, que non vai. Que si, que amiguiños pero nada máis. Lisardo non acepta tal rexeitamento. É el o tal.
O outro día, nun cruce de dúas rúas; el, co coche, púxose á altura dela. A Pichurriña pensou que era unha casualidade e así llo dixo cun sorriso enorme cando se saudaron. El tamén lle sorriu, pero a realidade é que o fixera a propio intento; que andaba e anda á procura dunha boa situación e dun bo momento para levar a cabo tal secuestro.
Tampouco foi coincidencia nin casualidade que, horas máis tarde, se plantase moi cerca da casa dela para estudar a forma de asaltar o seu domicilio, de penetrar polo balcón. O estudo foi rápido e sinxelo: tender un sedeño desde un piñeiro que había a uns 20 ou 30 metros e a un ferro que sobresaía da fachada a uns dous metros por debaixo do balcón. Ó piñeiro, Lisardo subirá ben (subiu a moitos cando de rapaz andaba no monte coas vacas), pero cruzar colgado dos brazos a lonxitude do sedeño, podía, si, custar unha barbaridade. Non obstante, sabía que o amor vence os imposibles.
Non, aínda non escolleu ningunha opción, porque segue buscando o mellor lugar e o mellor momento. Segue a estudar todos os pasos da súa Pichurriña. E de cando en vez, aínda que sexa mentalmente, dille que "como hai deus que a ti te secuestro!". Estamos á espera.

Sentado no mazadoiro da miña rúa

Sento no mazadoiro da miña rúa e penso. Pensar, a maioría das veces, é bonito. Porque pensamos o que queremos e non somos tan parvos (eu, medio pampo pero non parvo enteiro) como para pensar nos aspectos negativos da vida. Certo que ás veces non queda outro remedio que facelo, porque certos aspectos son fodidos.
Pingas de Orballo Pero hoxe, non. Hoxe penso naquel tempo que foi e que tamén tivo de todo, claro. Mais eu tiro polo carreiro da inocencia, que é o máis bonito. A inocencia digo que é a alma xemelga da infancia. Así é que penso naquela inocentada na que, nunha noite de verán (nesas nas que todos os veciños saen a tomar o fresco), se me deu por coller o pano das mans do meu pai para tourear a un carneiro grande que tiñamos. A acción, a rexouba foi de película porque, para máis aquel, o carneiro colaboraba divinamente, coma un auténtico touro. Claro que, era un crío e podía escapar ben das escornadas do ovino. Se fora hoxe, non sei, non sei...
Sentado no mazadoiro da miña rúa deixo que pase o tempo. Porque o tempo pasa. E todo cambia. As inocentadas déronlle paso ó descanso do guerreiro, precisamente no mesmo mazadoiro. Tourear unha leira agarrado á rabela dun arado non era prato de gusto. Ou segar coa gadaña a herba seca durante varios días. Ou rozar unha poula de toxos para cargar un carro dunhas cen gavelas. Aí, nesa etapa, o mazadoiro da miña rúa era o suspiro físico dunha canseira que, grazas a deus, pouco a pouco, remitía.
Hoxe, neste mazadoiro, a calma é a filla ou a neta do que xa foi.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES