Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Parabéns para Caldaloba e dona Constanza

miércoles, 22 de junio de 2022
Parabéns para Caldaloba e dona ConstanzaParabéns para Caldaloba e dona Constanza de Castro. Parabéns, non centos, senón séculos de parabéns, tantos coma estivo esquecida a torre, tamén para Román Rodríguez, Conselleiro de Cultura, para Javier Arias, Delegado da Xunta en Lugo e para a Corporación do Concello de Cospeito, co seu alcalde á cabeza. Acaban de firmar un acordo de 100.000 euros para que a torre pase a ser de titularidade municipal. É un primeiro paso e importante. Caldaloba non pode quedar no esquecemento como até agora. Outras torres e castelos tiveron máis sorte malia que non teñen a historia de Caldaloba. Caldaloba é o emblema dunha muller e dunha Terra que saben defender o seu, por iso debe ser restaurada, protexida e honrada. Caldaloba non é unha torre máis do noso patrimonio histórico. Caldaloba non é unha torre calquera.

Caldaloba garda e representa a loita, a resistencia e a morte dunha muller da nobreza galega contra as tropas do Reino de Castela, que chegaron á nosa terra co mandato real de pacificala. Esa muller foi dona Constanza de Castro, que seguiu a loita de seu pai, que comenzou na Frouseira e rematou en Caldaloba. Os lucenses sentímonos orgullosos deles. Degolados O Mariscal e o fillo diante de imaxes, santos e crucifixos cristiáns da catedral mindoniense, e xa sen homes os Pardo de Cela, as fillas, dona Beatriz e dona Constanza, deciden seguir a loita contra as tropas de Castela e o Parabéns para Caldaloba e dona Constanzapoder do bispado mindoniense: unha, en Burela, e outra, en Caldaloba. Unhas mulleres que podían seguir vivindo cos privilexios de donas da alta nobreza nas casas solaregas dos Bolaños e dos Saavedra. Unhas mulleres que ademais eran parentes da raíña Isabel de Castela e podían quedar a ben con ela, mais preferiron seguir defendendo o seu fronte a política depredadora e devastadora dos reis castelás. Por iso, Caldaloba debe seguir en pé como símbolo dunha Galiza que prefire dar a vida a vivir de esmolas alleas. Dona Constanza morreu loitando en Caldaloba. E tiveron que envelenala para parar a loita.

Parabéns tamén para o artista Diego As, que nos acaba de deixar en Cospeito un mural co rostro de dona Constanza, ese rostro de heroína que olla cara ó ceo, ese rostro de anxo que un día soñou con pombas e liberdade. Caldaloba e dona Constanza reflicten en toda a Mariña luguesa, na Chaira vilalbesa, en Lugo e seguen camiño de Compostela como mitos dunha muller e dunha Terra que prefiren a morte antes que darse por vencidos.
Meilán García, Antón X.
Meilán García, Antón X.


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES