Formación? Si, por favor
Santalla, Iago - miércoles, 22 de junio de 2022
Non é sinxelo recoñecer que se precisa axuda, sobre todo para quen nunca a precisou. Se por riba esta axuda afecta ao máis íntimo a cousa empeza a ser complexa...
A esta primeira complexidade do proceso, a persoa técnica en atención a persoas en situación de dependencia (TASPD), debe engadir unha segunda: cada vida é un mundo ao que ten que adaptarse. É unha profesión que esixe unha absoluta sinerxía entre actitude e aptitude: por un lado é necesario comprender, coñecer a situación, empatizar con ela e adoptar unha actitude naturalizadora e, polo outro, ter os coñecementos técnicos necesarios para intervir na situación de coidado. Se sumamos estes aspectos, temos un perfil de dous alicerces: a formación sociosanitaria e a formación psicosocial. Funcionan como un tándem conformando a caixa de ferramentas que o/a TASPD precisa para o seu desenvolvemento profesional.
En calquera profesión a formación ten dúas funcións: capacitar e protexer. A primeira dota á persoa das competencias necesarias para exercer a profesión. A segunda debe, debera ou deberá garantir que quen accede á profesión o fai tras certificar as competencias necesarias.
Polo tanto a formación é un garante de futuro para nós. Un "nós" no que persoas dependentes e profesionais, imos no mesmo barco e sucamos as mesmas augas.

Santalla, Iago
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora