Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

É (É Xesús Mato)

martes, 14 de octubre de 2008
 ( Xess Mato) É un corazón dimensionado.
É alboio das penurias.
É receptor de miserias e tristuras.
É, un eido entregado o seu misterio.
É castiñeiro de cernal castiro.
É, un carballo, de fondas raizadas.
É, un cortizo.
É claro do claro, branco albiño.
É freixo sobre o freixo.
É salgueiro mesto.
É, un amieiro florecido.
É, un emporío de loureiros
É acobillo que se agranda.
É trigo grandal e tremesiño.
É, un xunco que se torce e non se dobra.
É vimbio asubiador.
É, un relicario venerado.
É cabana, cabozo, hórreo; pazo.
É, un río inmenso.
É a palabra que brota rebentada.
É idea que nace antes de nada.
É, un pensar inacabable.
É creixal; duro cereixo.
É o cumio dun alto vidueiro.
É areal da Menduíña.
É a mar sorrindo na mañá.
É, un siroco almofado e suaviño.
É, unha brisa miúda e ternecida.
É mornura nunha cinza.
É alacena de nísperos e fados.
É, a verdade, limpa e núa.
É maxister en ciencias non escritas.
É choiva maniña nun agosto.
É, un druía.
É manancial fresquío.
É, unha montaña.
É, un val sereno.
É, un alboroque.
É lóstrago que invade.
É, unha vogal acentuada.
É rebola na abada.
É o Alicornio hemisférico.
É, o cabaleiro-señor.
É, un home de acó.
É estratosférico.
É, unha horta de pexegos.
É, galego.
É todo nunha e, en letra solitaria.
É, o mundo bo, nunha é asombreirada.

¡É!, ¡nunha palabra!

É persoa a pé descalzo.
É a pegada dun zapato.
É que naceu en Paradela.
É, ¡Xesús Mato!.
Gzlez.Vigo, Marcial
Gzlez.Vigo, Marcial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES