Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Borges e cunqueiro unidos por Claudio Rodríguez Fer

martes, 21 de junio de 2022
"Borges e Cunqueiro creadores de labirintos" / "Borges y Cunqueiro creadores de laberintos", é o quinto volume publicado polaCasa-Museo Álvaro Cunqueiro, aberta recentemente no Mondoñedo natal do inmenso escritor galego, dentro da colección Selva de Esmelle, dirixida polo crítico literario Armando Requeixo. A autoría corresponde a outro lucense de excepción, Claudio Rodríguez Fer, quen ademais de poeta, narrador e profesor da Facultade de Humanidades de Lugo é un estudoso da obra do mindoniense, á que leva adicado importantes ensaios como "A poesía galega Borges e cunqueiro unidos por Claudio Rodríguez Ferde Álvaro Cunqueiro" e, á súa vez, un bo coñecedor da figura de Borges, tal e como demostrou na súa obra "Borges y todo (Escepticismo y otros laberintos)", publicada en Madrid por 'Del Centro Editores', na cal dedicou especial atención á relación do arxentino coa cultura galega e con outro dos seus grandes escritores, o poeta ourensán José Ángel Valente.

O feito de que Rodríguez Fer teña dende moi novo singular preferencia polo estudo de autores universais que, como Borges ou Cunqueiro, son quen de establecer a través das súas obras "un diálogo con materias e culturas de todas as épocas e de todos os continentes", permite que hoxe vexa a luz este ensaio, froito de máis de 40 anos de lecturas e anotacións nos que Rodríguez Fer buscou a presenza de Borges na polifacética e prolífica obra de Cunqueiro, algo que escritores e críticos puxeron sempre de manifesto pero aspecto ao que aínda non se lle dedicara ningunha monografía.

Estruturalmente, o libro divídese en sete capítulos a través dos cales se suceden diversos puntos de confluencia entre os autores a tratar. O primeiro, titulado "De Borges a Cunqueiro pasando por Alfonso Reyes", comeza resaltando a alta consideración que Cunqueiro tiña por Borges, a quen en 1969 chegou a cualificar como "el mayor escritor de lengua castellana en este momento". Dez anos antes, ese primeiro posto na clasificación das súas filias literarias ocupábao o mexicano Alfonso Reyes, aínda que ben seguido polo arxentino quen, á súa vez, tamén consideraba a Reyes como "el mejor prosista del idioma español de cualquier época" (p.14). Deste xeito, ambos autores se recoñecerían como bebedores dunha mesma fonte literaria.

A esta primeira coincidencia entre Borges e Cunqueiro foron sumándose outras como a súa temperá atracción polo xudaísmo. Este interese común, máis desmiuzado no capítulo "Do pobo galego ao pobo xudeu", a vívase especialmenten o caso do Golem, ese ser animado da mitoloxía xudía creado a partir de materia inerte ao que Borges dedicou, segundo Cunqueiro "uno de sus más hermosos, profundos, lúcidos, estremecedores poemas" (p.18). Dito poema, que Cunqueiro escoitaba en disco recitado poloseu propio autor, é citado en varios dos seus artigos, nos cales dá mostras o galego de estar enormemente familiarizado coa obra de Borges. Neles pon en diálogo a súa propia visión do Golem coa do arxentino, de tal manera que non sónos deixa ver as concordancias entre elas senón tamén unhas diverxencias que quizais poderiamos extrapolar á súa literatura: "A diferencia de como vexo eu o Golem e como o ve Borges é enorme. O de Borges é un poema case filosófico [...] O meu non. Era un Golem que se humanizaba e, ó final, estaba moi tranquilo porque vía sorrir ás mulleres. En fin, é outra cousa. É outro mundo" (p.19).

"A zooloxía fantástica dos seres imaxinarios" centra anosa atención na que se revela como "a materia borgesiana pola que máis explicitamente se sentiu fascinado Cunqueiro" (p. 24). Así pois, o "Manual de zoología fantástica”, que Borges publicou en 1957 en colaboración con Margarita Guerrero, entusiasmou de tal maneira ao galego que non só se encargou de recensionalo e de citalo en múltiples ocasións, senón que dita lectura estimulou a súa fantasía creadora de tal xeito que, como el mesmo explicou, "vengo añadiendo en el ejemplar que poseo animales fantásticos que Borges no cita y ampliando noticias de otros de los que el argentino describe" (p. 26). Segundo nos indica Rodríguez Fer, completar ese manual foi algo que tamén fixeron escritores como Julio Cortázare Aurora Bernárdez ou o poeta José Ángel Valente. Sen embargo, no caso de Cunqueiro o impacto desta obra foi tan grande que acabou por motivar a aparición dunha marabillosa e abondosa "fauna máxica" de creación propia que caracterizaría a súa obra e que describe, especialmente, en “Escola de menciñeiros”, publicada en 1960, e no seu bestiario de temática acuática "Diccionario manual de bestias marinas".

Baixo o epígrafe "Da épica medieval aos obxectos e seres máxicos" sinálanse as literaturas nórdicas e a tradición fantástica como outro polo de atracción primordial para Borges e tamén para Cunqueiro, quen en diversos artigos se refire ao libro “Antiguas literaturas germánicas” do primeiro como unha valiosa fonte de consulta e de coñecemento. Neste punto Rodríguez Fer amósanos, asímesmo, as coincidencias en canto ao uso de procedementos empregados por ambos autores na súa narrativa como o protagonismo de obxectos fantásticos, a maxia multiplicadora dos espellos, os personaxes con facultades sobrenaturais ou os animais humanizados.

Outros recursos narrativos empregados polos nosos autores son citados en "Invención de erudicións e de vidas apócrifas". Entre eles destaca, efectivamente, atendencia ao que Cunqueiro chamou "invención de erudicións", técnica na que dixo ser "moi fiel" a Borges e que usou con frecuencia para dar satisfacción á súa imaxinación e máis lustre ao seu estilo. Ademais, tanto a "Vida y fugas de Fanto Fantini" do galego como os contos recollidos na "Historia universal de la infamia" do arxentino son debedores de Marcel Schwobe do seu método de combinar personaxes reais con feitos imaxinarios.
Borges e cunqueiro unidos por Claudio Rodríguez Fer
Na penúltima sección sitúase "Entre as similitudes e as diferenzas" para reafirmar as coincidencias, que o propio Cunqueiro recoñeceu abertamente, pero tamén para sinalar as diverxencias pois, como ben recorda Rodríguez Fer, "Cunqueiro xa era Cunqueiro cando comezou a ler a Borges" (p.45). E é que, se ben é certo que o galego se identificou fortemente co arxentino, como así o amosa na súa resposta: "En América sería Borges. En Europa sería Andersen. En España dirige un periódico para vivir" (p.44); tamén é certo que, quizais por medo a a ser considerado como un mero remedo galego de Borges, Cunqueiro encargouse moi ben de salientar as diferenzas: "En cuanto a Borges, lo he conocido demasiado tarde, aunque, efectivamente, hay algunas conexiones entre su obra y las mías. Ahora bien, él presenta un mundo de ciencia-ficción, laberintos matemáticos, etcétera, que yo no utilizo" (p. 46). De feito, o galego dicía sentirse máis próximo ao real marabilloso e ao barroquismo estilístico de Alejo Carpentier, se ben o autor deste ensaio conclúe que o cubano non tivo para Cunqueiro o gran carácter inspirador que supuxo para el a obra de Borges.

Volvendo a situarnos na visión harmónica entre ambos, este ensaio non podía rematar doutro xeito que con "O labirinto dos laberintos de Borges e Cunqueiro", e coa súa lectura coincidente do labirinto non como algo caótico e terrorífico, ao modo de Kafka, senón como un símbolo asociado á feliz perplexidade ante o inaprensible, ante o descoñecido que se intúe marabilloso.

Queda só destacar o coidadoso deseño desta edición, bilingüe en galego e castelán, que intercala fotografías dos autores estudados e dalgunhas publicacións de interese gráfico, así como varios espléndidos, e descoñecidos para o público xeral, debuxos de Cunqueiro e dúas fantásticas ilustracións que o arxentino Francisco Sosa dedicou ao seu paisano. E tamén queda agradecer a Claudio Rodríguez Fer o feito de achegarnos a estas dúas figuras esenciais da nosa literatura a través dunha visión poética nas confluencias, sempre inherente á súa escrita.

Dicía Borges que despois de ler a autores admirados pódese acabar por consideralos os nosos amigos. Así debeu acontecerlle a Cunqueiro, que ficcion ou nun dos seus artigos unha conversa sobre literatura con Borges, a quen nunca coñeceu en persoa, pero co que estaba familiarizado grazas aos seus libros. E dicía Cunqueiro que moi posiblemente o primeiro animal voador fose inventado antes de que existira de verdade, o cal pode aplicarse a moitas outras realidades. Os dous tiñan razón. A conversa que Cunqueiro imaxinou existe hoxe grazas a este libro e, ademais, despois de lelo parecera que fixeramos amizade con Borges, con Cunqueiro e con Rodríguez Fer.

[En foto, pode verse a Claudio Rodríguez Fer falando sobre Borges e Cunqueiro, presentado por Armando Requeixo en Mondoñedo, e acompañando a María Kodama, viúva de Borges, na Fundación Internacional Jorge Luis Borges de Buenos Aires].
Fiaño, Cristina
Fiaño, Cristina


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES