Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rituais ancestrais do Entroido (7)

miércoles, 22 de junio de 2022
Achegas históricas á corrida do Galo en Galicia e nos Concellos Chairegos de Castro de Rei e Cospeito.

1. Algunhas estrofas de sermóns en ambos entroidos

Val de Francos:

Sermón do 2015:

"Temos muitas carreteras
que parecen carrilleiras.
Para poder andar por ellas
hai que tirarse as silveiras".

"Pra gobernar en España
todo o mundo e mui listo,
e despois de colocados,
roubanlle a capa a un obispo."


Sermón do 2017.

"Falando da Seguridade Social
a xente andavos doente.
Pides vez por un infarto,
e dancha pró ano seguinte".


Sermón do 2018.

"Imos falar dos maderistas
que teñen moito que rascar,
están desfacendo as pistas,
non hai por onde pasar".

"Vamos falar dos rapaces,
verán se teño razón,
antes de que empece a festa,
xa marchan pro botellón".


Bazar
Sermón do 2009.

"Un par de veciños da ponte pa aló
as fincas con estacas quixeron cerrar
e como un peso non querían pagar
a Diputación llelas fixo arrincar".

Rituais ancestrais do Entroido (7)"A parroquia de Bazar
nos derradeiros anos
pouco estivo a cambiar,
e como todas no rural
se segue a despoblar.
Menos mal que Pérez
xa pasou polo altar
e agora esperamos
que moitos meniños
o veñan acompañar".


Sermón do 2010.

"Os ganadeiros en Bazar
estanche moi enfadados
pois si o do leite non se arranxa
mándache moito carallo".

"Políticos arregladores
eles sempre son señores
banqueiros especuladores
vaia panda de papadores".


2. O Xuizo ao Entroido en "Val de Francos". Unha mostra: O xuizo do ano 1998.
Dende o ano 1992, co inicio da nova andadura do Entroido en "Val de Francos", Xosé Manuel Carballo Ferreiro vaise encargar de realizar todos os textos dos xuizos, empregando a lingua galega. Estes foron realizados en cuartetas. No obstante, os últimos xuizos da segunda década do século XXI, foron elaborados en prosa.
No xuizo participan os seguintes personaxes:

- Un alguacil, que fai alusión a que o Antroido vai ser xulgado e, tamén vaise encargar de levar a efecto a sentencia dada polo xuiz.
- Un fiscal, que culpabiliza ao Entroido de todas as maldades que hai no mundo.
- Un avogado defensor, que tenta defender ao Entroido das acusacións, que lle imputa o fiscal.
- Un xuiz encargado xulgar e dictar sentencia.

Xuizo do Ano 1998


ALGUACIL.
Procedamos ó xuizo / seguindo co noso costume
por ver se este ano tamén / o Antroido vai parar ó lume.

XUIZ.
Pido ós señores letrados / que argumenten en conciencia
e tamén con brevidade / para non acabarnos coa paciencia.
E a toda esta concurrencia / tamén lle pido atención
por respecto ós que falamos / e para enterarse da función.

ALGUACIL.
Partimos da presunción / de que o Antroido tén merecido
un castigo ben severo / polo mal que leva urdido.

DEFENSOR.
Que ninguén o dea por condenado / o xuizo debe ser imparcial,
pois tamén tén dereito a defensa / anque fose un criminal.

FISCAL.
Que non se adiante a defensa / supoñendo parcialidades
que ningún ano se queimou / sen aclara-las responsabilidades.

DEFENSOR.
Xa sabemos, señor Fiscal, / cales son as súas mañas.
Vostede con tal de acusar / enreda máis cás arañás.

FISCAL.
O señor defensor ben quixera / que nin houbese acusación,
para así salirse coa súa / e librar a este lambón.

XUIZ.
Para introducción xa chega. / Céntrense no proceso.
Non se enguedellen entre ambos, / que non viñemos para eso.

FISCAL.
Non teño que esforzarme moito / para acusar a este mal nacido,
pois que é pai de moitas maldades / por todos é ben sabido.

DEFENSOR.
Acuse de cousas concretas / e déixese de ambigüidades,
senón vannos pillar aquí / as vindeiras navidades.

FISCAL.
(...) Explíqueme,logo,se sabe, / quen puido ser o autor
de que en Moncelos chovesen peixes / ata cargar un tractor.

DEFENSOR.
Iso non llo sei dicir, /serían os extraterrestres
que dos seus pratiños voantes /botaron esas sementes.

FISCAL.
(...) No mundo seguen as fames, / as guerras e marxinacións
e á explotación dos nenos / non se lle ven solución.
Os homes serán executores / pero o Antroido é quen induce,
pois está ben comprobado / que polo mal camiño conduce.

DEFENSOR.
Se me fala de inducións / a cousa ponse máis negra,
pois o que é inducir, / pode inducir calquera.

FISCAL.
Si, pero neste caso, / temos un reo presente
e non hai que andar buscando / a outros por entre a xente.

XUIZ.
Non se precisan máis probas. / O Fiscal falou con acerto.
Acabemos de unha vez / e deámoslle un escarmento.

DEFENSOR.
Protesto, señor Xuíz. / A súa decisión é precipitada
e pode pensar a xente / que esto é unha amañada.

XUIZ.
Non hai lugar á protesta. / O caso está cerrado.
Compare con outras sentencias / e non se dea por agraviado

ALGUACIL
Pronunciouse o Xuiz / e o proceso está rematado.
Vese que este ano tamén / o Antroido foi condenado.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES