Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Trípode son

martes, 21 de junio de 2022
Trindade son do que fun,
do que son e mais serei...
Trevo verde e humildoso,
que onte te vin e biquei.

Axiña nel ben che vin
máis belo ser tres ca un.
Diso o porqué non o sei,
se é que buscar debo algún.

Pois nisto deu xusto no albo
quen, anxo e poeta, dixo
ser a rosa sen porqué...
Belo, abofé, un tal dito!

Trípode logo son eu,
pasado, porvir e agora.
No máis alto de si mesmos
xuntanza fan misteriosa.

Vivo en min, si, do pasado.
Sen el morría a raíz,
sempre agachada e robusta,
que moi dentro fai feliz.

Mais no agora vivo agora
-soños e loitas sen fin-.
Á miña vista non hai
nin pasado nin porvir.

O presente é a ansia miña.
Pra nada o porvir me importa.
O pasado déixao estar,
que hai xa dabondo co agora.

O porvir somente existe
cando se converte en agora.
E o pasado xa non é
tras se trocar en historia.

Trípode que es e que son,
asenta ben os tres pés.
Mais coida ben que o do agora
sexa o máis firme dos tres.
Cabada Castro, Manuel
Cabada Castro, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES