Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

II Festival de Poesía Guitirica 1, 2 e 3 de xullo en Guitiriz

lunes, 20 de junio de 2022
Na primeira fin de semana de Xullo terá lugar en Guitiriz na Casa Habaneira a segunda II Festival de Poesía Guitirica 1, 2 e 3 de xullo en Guitirizedición do Festival de Poesía que organiza a Nova Poesía Guitirica NPG coa colaboración do concello e a Asociación de Hosteleria local.

Actos para os mais novos, pasarrúas poéticos, presentacións das mais recentes novidades poéticas, concertos poéticos musicais, exposición de colaxes de Clara Martín e entregas dos premios Vilarinhas e Diaz Castro de poesia.

Este ano, a encargada de dar o pregón será a poeta Marica Campo, que sucede a Alfonso Blanco, pregoeiro do 1° Festival.

Guitiriz é con este festival unha das escasas localidades galegas que programan festivais de poesia entre as que están localidades como Ferrol, Allariz, Salvaterra, O Couto (Ponteceso), algunhas delas con moitos anos de experiencia.

Ter como grande referencia ao poeta local Xosé María Diaz Castro serviu de motor para a própria existencia e consolidación da NPG e a organización deste Festival poético.

Este é o programa:

II FESTIVAL DE POESIA GUITIRICA

Venres 1 de xullo.

17:00 Espectáculo infantil: Brinca Vai! De aquí a acolá, de Paco Nogueiras

POESÍA VIS A VIS
Presentación de novidades (a duo):

18:30
Inauguración da exposición de collages de Clara Martín (do 1 ao 29)
Luz Darriba: Xoguetes para menos cegos (Belagua)
Xulio Pardo de Neira: Uterus siue uolua (Fervenza)

19:15
Ainhoa Conde: Devotos do destino (Medulia)
Maria Xosé Lamas: Un corvo en Caldaloba (Medulia)

20:30 Concerto VERSO:
Corredores de sombra

Sábado 2 de xullo.

11:15. Conversa con Clara Blanco

11:30. Pregón e presentación do Festival con Marica Campo e Marisol Morandeira

13:00. Pasarrúas poético.

POESIA VIS A VIS
Presentación de novidades (a duo):

17:00
Moncho Bouzas: Argonauta (Medulia)
Luz Airado: Instintos (Medulia)

17:45
Curra Figueroa: Poesia para a mãe Terra (Medulia)
Eladio Rodriguez: Versos para a mulher poeta (Ir indo)

18:30
Lino G. Salgado: Kamikazes (Medulia)
Pura Tejelo: Novembro (Urutau)

19:15. Maria Álvarez Landesa con Eva Teixeiro e Alba María: Como duas crebas (Medulia)

20:30
Concerto VERSO.
Folerpa de Son.

Domingo 3 de Xullo

11:30. Entrega dos premios Diaz Castro de poesia e Vilarinhas de micro poesia coa música de Roger de Flor e Pedro Montilla.

13:30. Pasarrúas poético.

*No mes de xullo as Vilarinhas 2022 estarán expostas nas farolas de Guitiriz.
*Do 1 ao 29 de xullo exposición de collages de Clara Martín
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES