Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Jesús do Páramo

jueves, 16 de junio de 2022
Jess do Pramo Jesús Méndez lé La Voz todos os días, recorta o que lle chama a atención e mándao aos que sabe nos interesa. Ata hai pouco, todos os días tomaba café na praza Maior, e facía o mesmo percorrido urbano saudando aos amigos colleitados durante o seu intenso tempo de Secretario do Concello do Páramo.

Devoto do Santo Alberte que ten santuario na súa parroquia do Sambreixo guitiricense, este especial chairego é para todos Jesús do Páramo, polo traballo alí desenvolvido que lle mereceu homenaxe o pasado sábado no comezo das XLIV Feiras e festas da primavera paramesa.

Méndez impulsou en 1976 a Asociación de Amigos do Campo da Feira do Páramo, o rescate do seu extraordinario campo feiral e dos seus pendellos, e desde entón – xunto con paramesas e parameses entregados - protagonizou o desenvolvemento dun acontecemento comercial e social que fai do Páramo punto de referencia das feiras do país.

Neste Campo da Feira, á beira do concello, unha gran folla de carballo en pedra mostra o seu perfil e será permanente homenaxe a un secretario do concello que, rebasando funcións e cometidos do cargo, se mollou polo Páramo, aunou esforzos e contribuiu ao desenvolvemento dun concello con vocación agraria e gandeira que pode presumir dun dos primeiros campos da feira de Galicia – por non desairar a ninguén, non digamos o primeiro – e dunhas Feiras que culminan nas da Primavera de xeito extraordinario.

Méndez, este sábado, demostrou que a súa memoria e intelixencia seguen intactas, falando con paixón do Páramo e das súas xentes. Que a forza o acompañe no físico, como segue a facelo vibrar no sentir e no ser.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES