Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

viernes, 17 de junio de 2022
O Recanto máis lúcido

O sol cae con forza. Pero Severino Cebolas, O Millaias, está á sombra, á sombra dos amieiros da Pitediña e á beira mesma do río Arnoia. Severino Cebolas está nesa idade na que o alzhéimer se presenta de cando en vez ou xa bastante a miúdo na súa Pingas de Orballo vida. Sexa por amor ou polo que sexa, o caso é que os momentos máis lúcidos do Millaias desenvólvense nos tempos do seu noivado coa súa Andoriña, como lle chamaba el a Perla Suárez, e máis en concreto nunha conversa que mantiveran sobre unhas bragas e as cores das mesmas. Ante isto, hai que deixalo claro de antemán; que Severino, O Millaias, non era nin é parvo. Facendo desconfiar incluso de se o seu principio de alzhéimer é real ou ficticio.
Por veces cóntalles ós seus amigos se a unhas bragas vermellas, por exemplo, lles van ben unhas puntillas de cores. Os amigos, para non deixar en mal lugar a característica que temos de burlarnos, de facer mofa sempre dos máis desvalidos, tíranlle da lingua. E O Millaias, con graza, mesmo con moito xeito, fálalles das bragas negras con puntilla branca ou dun espertar que tivo Perla cunha braga de cor amarela. Aí, nese momento, todos eles, falaron de certas combinacións de cores nas que non se entendían un carallo.
O Millaias axiña desconectou e simulou que quedaba como trasposto (alzhéimer ficticio) para volver a aquel recanto máis lúcido da súa memoria, polo que non tardou en presentarse ante os seus ollos a imaxe da súa noiva con bragas de diversas cores. Non é parvo, non. O recanto máis lúcido élle o máis agradable.

Botarlle azos

Boteime fóra sabendo que se asaban os paxariños. Pero non collín medo. Iso si, andei pola sombra. Porque podo ser medio pampo pero non parvo enteiro. O peor foi o pequeno traxecto no que non existe nada de sombra. Emporiso, boteille azos e, como non, puxen sobre a miña cabeza o caderno no que escribo. Para que fixera de pantalla, Pingas de Orballo de parasol, de sombreiro. Repito: medio pampo pero non parvo enteiro.
Barbra Streisand facíame cóxegas nos oídos. Non lle entendía nada porque nada sei de inglés, pero canta como os anxos. Díxeno sempre: logo da voz da miña nai, non hai no mundo mundial como a da Streisand. A miña nai cantaba moito; principalmente ó facer as labores da casa e, faltaría máis, na igrexa. Aquí alzábase de tal maneira a súa voz que eu non sabía onde meterme. Todos a mirar para ela e a min... trágame, terra.
Non vin ningún paxariño asado, pero quenta de carallo. Está o día de tal maneira que hai que hai que ter moitos perendengues para facer o amor, por exemplo, nun faiado. Hoxe a un faiado xa non se consegue entrar. Sei seguro que segundo se van subindo as escaleiras, axiña se nota como que a respiración se vai cortando, como che falta aire para respirar.
Boteime fóra sabendo que se asaban os paxariños. Pero non collín medo. Como non teño medo agora que hai que volver. Porque teño que volver. Polo mesmo traxecto. Á sombra e un cacho ó sol, no que haberá que demostrar unha vez máis que non son parvo enteiro. Como moito, medio pampo.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES