Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Unha cousiña sobre un Festival

jueves, 16 de junio de 2022
Unha cousia sobre un Festival (Achega para o domingo 22 de maio de 2022.)

Noutra ocasión fixen confesión pública da miña desavinza co Festival de Eurovisión, tanta que nin pensaba velo, pero éte aquí que me atopaba de viaxe e chegando un pouco tarde á habitación do hotel, doume por premer o botón do mando a distancia da tele e alí estaba con toda a súa parafernal esa mostra de tecnoloxía a tope, porque en esencia é iso: unha mostra do que os especialistas en luces, son, robótica e realizadores poden faceren cos medios tecnolóxicos dos que dispoñen, pondo a música ao servizo de todo iso, a música enlatada, por suposto. Onde van aqueles tempos coa orquestra tocando como debe ser: en directo! Ía moi avanzada a cousapero quedei un intre para saberes como remataría aquilo. Apaguei ao pouco, polo tedioso e insufrible, e á mañá seguinte souben que gañara Ucraína e España quedara en terceiro lugar, mira que ben!

E aí vai a cousiña: Non creo que a xente de Ucraína estea para festivais coa que lles está caendo, non creo que diante do que está acontecendo teñan un mínimo de consolo ao saberen que os seus representantes gañaron ese festival, asunto por outra banda co que se contaba porque xa se sabe como funcionan estas cousas. Estou seguro que Ucraína ía gañar si ou si aínda que levara unha versión de "Hola don Pepito, hola don José" dos pallasos da tele. A solidariedade con Ucraína ten que transitar por outros sendeiros, sen mediar as babecadas e manipulacións sentimentais dun festival no que a música, salvando honrosísimas excepcións, é o de menos. Un pais invadido que loita a brazo partido contra o invasor con moitos mortos polo medio e millóns de fuxidos dese horror non debería participar nesa pantomima festiva e case carnavalesca. Pero somos así de crédulos e así de bobos, pensando que dándolle o premio a un país que sofre a lacra dunha guerra desapiadada ímoslle mitigaren a dor ofrecéndolle o agasallo do triunfo. Alguén cre que de non estar diante desa terrible circunstancia Ucraína ía ser gañadora do estival de Eurovisión? Eu sinceramente penso que non.

Menos mal que parte do orgullo español está recuperado ao ritmo das cadeiras de Chanel, esta rapaza que tan ben baila, co seu terceiro posto. Ah, e que Galicia está mellor situada no mapa, segundo manifestou o recen estreado presidente señor Rueda sen despeitearse, grazas á visita de Juan Carlos: e quedouse tan pancho. Xa podemos durmir tranquilos todos os españois e galegos, abofé.
Rubia, Xoan
Rubia, Xoan


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES