Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 16 de junio de 2022
Por qué?

Estou namorado! Namorado dun pelo do meu brazo dereito. Dun simple pelo. É que fai por dous ou tres dos demais. De longo, se entende. Nunca tal vira. É tan simpático que lle collín (e lle teño) cariño. Estou tan namorado del que o collo moitas veces e estíroo unha e outra vez para ver tal portento. Iso si, fágoo con moito Pingas de Orballocoidadiño. Por nada do mundo quero arrincalo ou simplemente que rompa. É unha xoia! A miña xoia!
Cando o miro dáseme por pensar no día que sementei as patacas. Ó mellor, cando manipulei no mineral, igual expuxen un tempo o antebrazo ó contacto de tal fertilizante. Eu que sei, puido valerlle de abono.
Realmente non sei por que está aí, por que creceu tan desmesuradamente. Cal é o motivo que ese pelo si e os demais non, nin tan sequera un ou dous máis. Tan só un, tan só ese. Isto faime recordar a eses nenos que están sempre co "por que" na boca. Porque non entenden. Pero os adultos, se o pensamos friamente, tamén estamos cheos de por ques. Por que se move un dedo ou un ollo ou a lingua? Si, xa sei que o mecanismo seica está no cerebro, pero estamos na mesma: por que o cerebro manda esas ordes e por que sabe distinguir unha perna dun brazo ou o dedo matapiollos do furabolos?
Por que ese pelo do que estou namorado é tan longo e os outros non, cando están no mesmo brazo, na mesma zona do brazo? Non quero pensar máis neses por ques, debido a que son moi feliz co meu peliño e oxalá non me caia nunca.

Dimisión

Metinme na política porque, como me gusta protestar, quería facer oposición. Tiven a mala sorte de que me metín no partido ganador. Non obstante, nos Consellos de Ministros, aínda metía baza de cando en vez. O que pasa é que axiña me miraban de mala maneira e non me quedaba outra que recuar.
Pingas de Orballo Nomeáronme ministro do Universo porque sabían do meu traxe de astronauta no faiado da casa. Entenderon que sería un lince na materia. Eu, na realidade, botaba boa parte dos días mirando se me caían os pans cocidos do ceo. O que caeu foi un meteorito no río Arnoia, xusto á altura das Mestras, que provocou tal cataclismo que as augas anegaron ou alagaron A Acea.
Ante iso, foi a oposición a que se botou a min coma lobos, porque non soubera intuír a catástrofe. Quixen dimitir ó momento. Non me deixaron. O meu propio partido non me deixou. Dicían que iso non era bo para o partido; que era como admitir o fallo, a derrota e darlle azos ó inimigo, é dicir, á oposición. A verdade é que tanto uns coma outros metéronme no cuarto de estudo. Podía protestar ante os ataques da oposición, pero levaban razón. Podía protestar ante o meu propio partido confesando a miña ineptitude, pero axiña me miraron mal e soltaron aquilo de "viches dimitir a alguén neste país?". Quedei calado e rezando xa para que non volvera pasar nada de caótico e para que chegasen axiña outras eleccións. Sairía da política. Que é o mesmo que dimitir dela. E se me deixan, claro.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES