Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Xulio Maside e Compostela

jueves, 16 de junio de 2022
Hai unhas semanas deixounos Xulio Maside, o home da sanidade e a arte, o representante dunha familia moi querida na cidade, porque el (igual que Rosa, a súa Xulio Maside e Compostelairmá) sempre nos fixeron pensar en Carlos Maside, o artista preso no exilio interior.

A súa presenza nas rúas así como a participación nas actividades culturais e de asociacionismo era constante, e agradecíase. Sempre resultaba agradable atopar a esa elegante parella que formaron ao longo de máis de medio século el e María Esther Rodríguez. Era tanta a comuñón que ninguén sabía máis do seu tío, Carlos Maside, como ela, ninguén o estudara con tanta profundidade porque poucos o respectaran tanto.

Non hai moito tempo tivemos ocasión de asistir á inauguración da escultura de SoledadPenalta, en lembranza de Carlos Maside (con Novoneyra e Manuel María, acompañándoo). A peza, situada moi preto do gran eucalipto que mira a cidade dende a alameda trae a ese roteiro de ilustres unhas novas figuras, que se axuntan á de Rosalía, Castelao, Valle, García Lorca, Díaz Pardo... no lugar onde as árboresnos falan de raíces e permanencia.

As exposicións de Xulio sempre foron algo agardado e gozado. O percorrido que Mercedes Rozas realizou ao longo da súa obra na do Auditorio de Galicia, hai uns anos. A derradeira que se fixo na Fundación Granell ocupando unha sala próxima á que recollía o legado de Carlos Maside. Na mesma sala na que se lle realizou un acto cívico de recoñecemento dende a Plataforma Carlos Maside que xestionou o legado e na que participaron dende representantes desta organización como David de Prado e Paula (ao redor do seu gusto pola poesía) ou Fandiño mantendo o acto, contouse coa participación de alguén da sanidade (onde exerceu o seu traballo), da comisaria e critica de arte Mercedes Rozas, do cantautor Miro Casabella... Un verdadeiro luxo de acto nunha sala na que non cabía un alfinete.

Pois ben, o pasado luns, 23 de maio, inaugurouse na sala de exposicións do Centro Empresarial do Tambre unha exposición homenaxe na que participan vinte cincoartistas, dende os máis próximos como Pardiñas e Morquecho ao presidente da Real Academia de Belas Artes, Quintana Martelo. Un par de membros do colectivo Pataka: AlfonsoRivero de Aguilar, Pitelos e Vicente Ruíz. Nomes máis que coñecidos no panorama da arte e as exposicións como Vicente Prego e Rafael Masiá, Nolo Suárez, Manuel Nietto, Xabier Carrasco, Nando Pereira, Xosé Luís IglesiasDiz, Delio Sánchez... vanse sumando a un listado de artistas que quixeron homenaxealo.

Unha e outra vez, son acompañados, os Maside, pola sociedade civil compostelá, polo que son e o que significan. Tamén porque no apelido vai o pintor vangardista, o que lle dou nome ao Museo que Díaz Pardo e Seoane puxeron en pé no Castro de Samoedo. Un museo para beneficio do pobo que non o mereceu nin soubo defendelo, para solaz dun futuro que non sabemos se dará chegado. Mentres tanto, agradecemos que se manteñan os nomes e a memoria porque entre nós houbo dignidade.
Sampedro, Pilar
Sampedro, Pilar


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES