Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 15 de junio de 2022
Sen sufrir

Non sufrín nada. E iso que me mancaron de carallo. Catro tipiños que me asaltaron na carreira de Vazcovaz. Un mesmo cunha catana, que pensei que era a puta yakuza que viña por min. Eu, que nunca tiven relación algunha co país nipón. O caso é que mallaron en min e non sufrín nada. Certo que os heroes sabemos aguantar todo o que nos cae ou nos botan encima.
Pingas de Orballo Coa catana cortáronme por completo o brazo esquerdo. Nin un lamento soltei. É máis, sen pensalo dúas veces, collín a parte do brazo que estaba no chan e cosino ó cacho que me quedara no corpo con arame de espiño. Tamén me rebandaron unha orella. Fixen o mesmo: collín unha subela e cosín a orella co fío de atar os chourizos. Pouco a pouco empezaba a semellar un robot destes de ciencia ficción, ou mellor aínda, un zombi das películas de terror. Pero nin ó golpearme nin ó coserme sufrín nada. Iso si, de cando en vez rinchaba os dentes. Pero nada máis.
Os tipiños, cando viron que a malleira se lles saíra de nai, creo que se asustaron un pouco e largaron fuxindo. Non obstante, eu ben que quedei coas súas caras. E non penso quedar de brazos cruzados. Sen présa pero sen pausa, saberán o que é bo e saberán como cicatrizaron as miñas feridas. Por certo, a que máis tarda é a do brazo. Porque o puto arame de espiño creo que estaba algo enferruxado e, claro, infectouse un pouco o corte. Pero se non sufrín antes, menos vou sufrir agora, por unha simple e pequena infección. Repito: quedei coas súas caras. E non tardarei en dicirlles que onde as dan, as toman. Son eu o tal...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES