Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Por Paradela

lunes, 13 de junio de 2022
Viaxo por Paradela, terra de fragas, montes e ríos; mesopotamia entre o Miño dominado e o modesto Loio que naquela sacra ribeira viu nacer e morrer mosteiros, e ollou o xurdir da Orde dos Cabaleiros de Santiago para a protección dos peregrinos.

Á beira do embalse, que tanta riqueza e tanta vida sepultou, falamos da auga que o río non leva, non só porque a enerxía eléctrica esixiu máis da que parecía razoable senón porque non chove e o embalse está case baleiro.

Xorde o tema porque cae unha tromba de auga que parecía querer encher o embalse dunha vez. Os entendidos comentan que faría falla que chovese meses para solucionar o problema da auga, e que unha choiva tormentosa, en época de seca, non chega a penetrar a costra da superficie. E aínda que caiga unha boa choiva de tormenta, que penetre na terra e a agarime, pode poñer en perigo produtos que estiman a choiva lenta máis que a que cae a cachón.

Estrana falar de problema da auga en Galicia, en terra de dous ríos, na que o máis pequeno abastece ao concello, e o grande é un mar interior. Pero hai problema cando antes alí aparecía auga a trinta metros e agora hai que afondar máis de cen. E o embalse, que semella inagotable, non recuperou o nivel mínimo de tranquilidade cara ao verán.

Preocúpannos minucias cando o importante nos esbara, chámese cambio climático ou protesta da terra polo maltrato que sofre. Os países reaccionan a unha brutal agresión como a de Ucrania, pero en canto ao clima proceden coa calma imposta por intereses que os superan.

Os cambios que notamos non os sufriremos nós, pero os nosos fillos e netos herdarán un mundo con serios problemas. Empezando pola auga.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES