Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Aparcamentos de pago

lunes, 13 de octubre de 2008
Velaquí outro aspecto da nosa actualidade que se democratiza.

Tiñamos por certo que os aparcamentos de pago estaban no seu perfecto dereito de castigarnos duramente se perdiamos o papeliño que acredita cando entramos co noso coche no aparcamento.

Como esto lle pode ocorrer a calquera, todos temos algunha experiencia na que o ditoso papeliño non aparece por ningun lado no momento oportuno, e temos pagado un día completo de aparcamento como castigo pola perda e para que no futuro nos cuidemos de custodialo con maior seguridade.

Non hai moito tempo, conseguiuse que os usuarios non pagásemos máis que polo tempo no que verdadeiramente estivemos aparcados e non polos habituais tramos horarios.

Un novo avance, este prácticamente definitivo, é o de que as empresas propietarias dos aparcadeiros identifiquen os vehículos controlando a hora de entrada, facendo constar estes datos no papel que se entrega ós usuarios. A carencia dese papel non significa que se perdan os datos xa que o aparcadoiro pode contrastar en todo momento a duración do aparcamento de cada vehículo.

Estamos de noraboa todos os que utilizamos os aparcamentos de pago. Xa temos esquecido as tarifas abusivas, os redondeos, os aumentos paulatinos... Agora, polo menos, non nos estafan por ter perdido un pequeño anaco de papel. Algo temos avanzado gracias á técnica. Contrólannos moito máis, pero alomenos algo saímos gañando.
Editorial
Editorial


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES