Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Miradas do imperio

miércoles, 08 de junio de 2022
Miradas do imperio Esta Semana, a cidade de Lugo experimenta esa especial transformación chamada Arde Lucus, na que se revive o noso pasado romano, como se as pegadas romanas que perduran debaixo de calquera dos nosos pavimentos, provocaran un síndrome contaxioso de romanidade e dos castrexos que se opuxeron aos romanos defendendo a súa terra.

A cidade está invadida por construcións en madeira, que poden ser campamentos, talleres, asambleas, senado, maquinaria romana… e de cando en cando retumban tambores ensaiando porque todos queren desfilar harmonicamente, ao ritmo da música guerreira.

E coincidindo coas festas do Arde Lucus, na sala de exposicións da Xunta en Lugo vense de abrir a mostra pictórica chamada MIRADAS DO IMPERIO na que o pintor, arqueólogo, especialista en arte, de Betanzos, Alfredo Erias retrata corenta emperadores e emperatrices de Roma, coas efixies que deles se conservan en diversos museos de toda Europa.

Erias, que foi Director do Museo das Mariñas e do Anuario Brigantino, recentemente xubilado, investigou na historia dos emperadores e pintounos coa efixie coñecida, co talante do que a historia conta deles, constituíndo unha lección de arte que o autor completa con historia de cada retratado e retratada, onde aparece o mellor de casa e tanto se mataban entre irmáns para ser emperador, podía a garda pretoriana proclamar ao máis xeneroso, e son excepción os que morreron na cama de morte natural.

Miradas do imperio Desfilan diante dos nosos ollos Nerón ou Caracalla, Septimio Severo ou Trajano, Adriano ou Cómodo…Tamén, claro, Claudio, o que coñecimos en "Yo, Claudio", Messalina e Cleopatra, con cara de xitana, encargándose o autor de lembrar que "xitana" ven de "exiptana", o que era Cleopatra.

Abren e pechan a exposición as reproduccións de dúas estelas preromanas atopadas no concello de Lugo, en Crecente e Adai, que se gardan no Museo Provincial e representan familias nobles ou poderosas plasmadas para a historia, e que Alfredo Erias quixo resaltar.

Na inauguración estaba presente Felipe Arias Vilas, arqueólogo, amigo do pintor, que gobernou con singular acerto o Museo do Castro de Viladonga, e que no seu día foi o descubridor da Estela de Adai.

Todo o mes de xuño podemos disfrutar da compaña das efixies dos gobernantes do imperio máis poderoso da terra, dos que somos herdeiros. Porque moito loubar agora aos castrexos que vivían aquí, fronte aos romanos, que gañaron a sangue e lume, e cruzáronse cos castrexos que quedaron… Se me apuran, os retratos que se ven na exposición da Xunta de Galicia veñen ser, xeneralizando, os retratos dos nosos "primeiros pais".
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES