Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 08 de junio de 2022
Aquelas despedidas...

Sento no raíl da vía do tren. Moi cerca da estación de Baños de Molgas. Contemplo o universo dos carballos e das poulas que lindan ó camiño que leva ó muíño do Dositeo. Penso naqueles expresos de finais dos 70 e principios dos 80 nos que, ou te conxelabas de frío ou fervías coa calor, dependendo de se funcionaba ou non a Pingas de Orballo calefacción. Véñenseme á cabeza aquelas despedidas familiares cando, ás doce da noite, emprendía viaxe á capital do Imperio. Víame apurado ó despedirme do pai, porque naqueles tempos os bicos ós homes -aínda que foran pais- non se estilaban moito. E os abrazos laterais que se adoitan dar agora tampouco procedían. Porque naqueles tempos cando abrazabas, tiñas que bicar. O colmo das apuradas chegaba en se lle notaba ou vía algunha bágoa ó pai. Aquilo xa me fundía un pouco. As lágrimas da nai... esas aparecían en todas as despedidas. Ademais, ela, era en por si de lágrima fácil.
En moitas despedidas, para evitar esas escenas, a nai xa nin se achegaba á estación ou non a deixaba ir. Aínda que, eu, ben sabía e sentía que, na casa, baixarían regueiros polas súas meixelas. A unha nai non fai falta vela para saber o que fai e o que sente. No momento da partida, os que estaban fisicamente eran os que recibían os adeus coas mans desde a fiestra do tren. Pero tan axiña como ía á altura de Formigoso, o meu pensamento buscaba a casa que estaba á beira da igrexa. Despois tocaba asumir nove horas de incomodidade e con algo de tristura. Baños de Molgas quedaba atrás e iso doía. Doía moito.
Agora, ergo do raíl e saio con parsimonia do recinto da estación.

Alerxia

Levo uns sábados nos que, no momento da sesta, me doe tanto a cabeza que me dá esa sensación de que me furgan cun trade. Apuntar, antes de nada, que na aldea da muller as sestas eran de campionato. Segundo na miña casa son de 10-20 minutos, na aldea pasan da hora. Pero, xa digo, levo uns sábados que nada de nada.
Pingas de Orballo O anterior sábado a muller comentou que igual era de andar agachado (cavando as patacas). Hoxe, aínda que fochiquei algo (limpei un valado coa fouce e rocei unha poula de fentos coa gadaña), non é que andase moi agachado. Pero a dor apareceu.
Agora, de camiño, volvemos falar do tema e buscamos algo, algún motivo e nin tan sequera a almofada podía ser a causante, pois, hoxe, notei como me empezaba a doer xusto xa ó sentarme na cama pero aínda sen apoiar a cabeza na almofada. Entón, xa en plan de meterme coa muller, cheguei á conclusión de que tiñan que ser os apeiros de labranza os causantes de tal dor. Fixo que era alerxia ós aparellos. Que con tan só presentilos, zas, a broca furgaba e furgaba no meu cerebro, para que así, á próxima, non botase man deles. Non vou poder tocar nin tan sequera un sacho. Rimos, claro.
Brincadeiras á parte, o asunto ten o seu aquel. Porque estou na Valenzá e xa non me doe a cabeza. A ver, aínda noto algo, pero non é aquel trade que me fundía. Convencido entón de que o cerebro asimilara o dos apeiros. Conclusión: alerxia a eles. Solución: non tocar nin unha aixada.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES