Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Constructores das nosas vidas

jueves, 09 de junio de 2022
O autor da vida é un ser superior que os cristiáns chamamos: Deus.
Hai quen basea todo na evolución, e ten a súa razón; pero chegamos a un punto que -ata o momento- non sabemos dar explicación e temos que rendirnos ante o misterio.
A ese misterio, os cristiàns chamámoslle Deus, outros chámanlle doutra maneira, outros pensan que non existe...
Cada un según a súa visión moi particular e digna de respectar.

Pero o certo é que, sendo todos diferentes, todos convivimos con todos dunha maneira ou doutra.
Andando pola vida ímonos encontrando con persoas diferentes que fan a súa particular aportación á nosa vida.
Son toda unha multitude de persoas: coñecidas, descoñecidas, próximas, lonxanas...
En liñas xerais as persoas que máis inflúen na construcción das nosas vidas son:

-OS PROXENITORES que nos dan os seus xenes con multitude de posibilidades.

-AS PERSOAS COAS QUE NOS CRIAMOS: a todas lles debemos moito porque nos ensinaron a andar, a falar e lingua materna, os costumes, as tradicións...
Todo este colectivo marca a nosa personalidade e identidade dun xeito moi especial.

-OS NOSOS MESTRES son os artífices que nos abren a luz do coñecemento.
Aínda que pereza mentira, non é o profesorado universitario o que máis peso ten nas nosas vidas, aínda que teña moito.
O profesorado que máis pesa nas nosas vida é o da infancia porque é o primeiro en escribir na nosa mente en branco e deixa pegadas moi fondas.
Por eso, quen máis e quen menos leva no seu corazón algún Mestre ou Mestra da primeira infancia.

-OS COMPAÑEIROS DE TRABALLO cos que compartimos moitas fatigas e moitas vivencias e con algúns incluso chegamos a entablar unha amistade para toda a vida.

-AS NOSAS AMISTADES: esas persoas que son a "familia" que eliximos e que en moitas ocasións pórtanse mellor que moitos parentes.
As amisades teñen un valor incalculable.
EU NON TEÑO PALABRAS PARA CALIFICAR ÁS MIÑAS AMISTADES.
NIN TEÑEN PREZO NIN HAI CARTOS NO MUNDO QUE AS PAGUEN.

-MOITAS PERSOAS ANÓNIMAS que nos encontramos ó longo da vida. Son persoas magníficas que orientan e axudan gratuitamente.

Son os santos e as santas destes tempos; pero os de tempos anteriores tamén nos axudan.
Por eso moitas persoas teñen unha devoción especial por este ou aquel santo.

E nin que decir ten que quen ten máis peso é o noso Creador que por medio do seu ESPÍRITO ilumina a nosa mente para mostrarnos o camiño máis favorable para o noso benestar e o noso crecemento persoal.

E por último AS PERSOAS QUE NOS FAN MAL ou polo menos inténtano.
Esas persoas son grandes mestras para nós porque nos mostran moi claramente o que nunca debemos facer.

Debemos agradecemento a todas, incluídas as últimas, porque tódalas persoas que nos redean teñen directa ou indirectamente parte na construcción da nosa identidade.

Por eso decía o sabio Ortega y Gaset: "YO SOY YO Y MIS CIRCUNSTANCIAS"
E nesas circunstancias están as persaos, o bo, o malo, a saúde, a enfermidade…
Todo.
Todo ten máis ou menos peso nas nosas vidas.
E nós e maila nosa maneira de ser e proceder tamén forman parte da vida dos que nos rodean.
Todos construímos a todos.
Por eso todos somos importantes.

"TODOS SOMOS IMPORTANTES".

Ese será o título o seguinte artigo.
Moitas grazas a tódalas persoas que me axudan no día a día a construír a miña vida.
E pola parte que me toca, confío ter aportado algo positivo ás persoas que encontro no camiño da vida, especialmente as máis próximas.

E moitas grazas a vostede por terme na súa consideración esta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES