Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pregón de Luz Airado na II Feira do Libro de Vilalba

martes, 07 de junio de 2022
Boa tarde. Benvidos todos e cada unha. Boa feira, autoridades. Boa feira, autoras, autores, librarías, editoriais.

Boa feira tamén ao público lector que nos acompaña e nos acompañará ao longo destes días. Boa feira, veciñas e veciños.

Quixera expresarvos a miña fonda gratitude xa que me fai especial ilusión e moi feliz Pregón de Luz Airado na II Feira do Libro de Vilalbapoder pregoar esta Feira na miña vila natal, na capital da Chá, nesta chaira de libros e casetas que se estende afectuosa e próxima dende hoxe e durante toda a fin de semana. Porque esta Feira do Libro que hoxe comeza quere acollernos, a grandes e cativos, á xente de aquí e ás xentes de paso que temos na vila e a todos os homes e todas as mulleres que poñen o seu talento en todos os oficios do libro. Gozade, pois! Aquí atoparedes páxinas que contan historias das que poder apropiarvos, coas que poder vivir segundas, terceiras e ulteriores vidas, historias que están entre nós, aí ao lado, coas que recoñecernos.

Toparedes con versos que vos devolverán o tempo que no día a día se nos consome fugaz, haberá versos do amor e do desamor, da melancolía e tamén versos revolucionarios, versos sociais, abanos de versos segundo a predilección, o interese ou a necesidade do lector ou lectora. Haberá páxinas que albergan coñecemento e tamén, ben seguro, haberá humor. Moitas veces será compañeira a fotografía ou o debuxo, nun perfecto baile das artes.

Hai uns anos profetizouse a desaparición dos libros de papel por mor do avance das novas tecnoloxías. Por sorte, unha profecía non cumprida. Non só segue vivo o libro de papel senón que tralos difíciles días da pandemia a súa fortaleza quedou demostrada. Celebrémolo entón! É marabilloso atopar os libros na rúa. Eses libros que durante moitos séculos permaneceron pechados nos palacios, nos grandes conventos, nas bibliotecas das casas nobres. Hoxe eses libros están aquí, nesta praza, ao voso completo alcance. E isto é colleita de anos de educación e transformacións sociais, é froito dun gran traballo colectivo, do traballo das xeracións que nos precederon.

Anímovos a mergullarvos na fame lectora que se instalará dende hoxe nesta praza, a que pescudedes en cada caseta os exemplares cociñados coa palabra para vós, a que os catedes na sobremesa ou os devoredes a deshora, a que vos autoagasalledes e tamén a que procuredes agasallo para a vosa xente, pois cantas viaxes teñen cabida entre as páxinas dun libro... E antes da escolla, se me permitides, unha recomendación: detédevos cos libros das autoras, ulídeos, palpádeos, teñen moito que contarnos; por sorte hoxe témolas aquí, con nomes e apelidos, sen pseudónimos, intentando deixar atrás tantos séculos de escritoras silenciadas.
De novo, benvidas, benvidos á Feira do Libro de Vilalba.

Luz Airado Bello
Nova Poesía Guitirica NPG
Vilalba, 3/06/2022
NPG Nova Poesía Guitírica
NPG Nova Poesía Guitírica


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES