Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Luis Reimóndez na memoria

lunes, 06 de junio de 2022
Foi o pasado sábado, deste recén estreado mes de San Xoán, cando nos reunimos nas terras verdecentes de Gres, un grupo de amigos para lembrar a memoria de Luís Reimóndez, colaborar necesario nunha manchea de proxectos culturais.

Coñecino detrás da súa mesa de traballo na Oficina de Santiago da Caixa de Aforros de Pontevedra, cando aínda nos bancos se escribía a máquina. Simpatizamos axiña e xa nunca máis me permitiu facer cola na caixa. Chegaba, mandábame sentar con el, e filosofabamos arredor do divino e do humano.

Supoño que foi esta descuberta recíproca de sabernos almas xemelgas a que me levou a convidalo a formar parte da directiva do Foro Galicia Milenio. Con el deseñamos o Seminario de Estudos Locais da Estrada, o segundo que se puxo en marcha despois do de Sanxenxo. Loitei ata a extenuación para que o presidise mais, fiel a súa consigna taoísta de que "o bo camiñante non deixa pegadas", só aceptou ser vicepresidente e, para iso, con moito traballo.

Ademais das actividades do Foro (cursos, xornadas, conferencias), editamos xuntos unha segunda edición do libro Un médico na aldea de don Manuel Reimóndez, seu pai. A edición orixinal en Edicións do Castro estaba esgotada e preparamos esta nova edición que apareceu nas Edicións Fervenza, cunha carta Prólogo de Neira Vilas, cun estudo do profesor e antropólogo Marcial Gondar, dous novos debuxos de Vizoso, que se engadiron aos da edición orixinal, e as palabras que pronunciadas polo autor no acto de presentación no ano 1992, que Luis Reimóndez rescatou dos seus papeis.

Xuntos visitamos ao Dr. Juan Gestal, decano de Medicina da USC na altura, para erixir un vítor de homenaxe aos médicos rurais. E xuntos compartimos tardes de conversa en Gres con Neira Vilas, soñando futuros que xa son historia.
Agís Villaverde, Marcelino
Agís Villaverde, Marcelino


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES