Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 07 de junio de 2022
Pingas de Orballo
Na Cova

Sento nunha banqueta de tres pés de castiñeiro e dispóñome a cubrir unha solicitude catastral da cova na que vivo. Non tiña por que, pero ante todo, a legalidade. Sempre fun legal. E con Facenda moito máis. Non tiña por que debido a que é unha simple cova; pequena, de lobos, xusto para acubillarse.
A ver, eu vivía ben, incluso marabillosamente ben. Pero un día, tomando un café e sen parar mentes, díxenlle á miña propia persoa: hai que emigrar. Collín catro trebellos e marchei para un monte. Un monte que, a dicir verdade, non sei moi ben por onde cae. Sei que me botei a andar durante tres días para fuxir canto máis lonxe mellor. Perdón, usei mal o verbo fuxir. Non fuxín; foi a miña vontade. Penso que o fixen por quere saber como viven os ermitáns, os anacoretas. Repito: eu vivía moi ben.
Agora vivo só, nunha pequena cova, sen luz, sen auga, sen comodidades, sen teléfonos. Aínda que tivera estes, era igual; fixo que non hai cobertura. Polo día pateo todo o monte ó mesmo tempo que deixo trampas por aquí e por alá para cazar algo, porque de algo teño que vivir. Pola noite opto por durmir. Estou a recuperar todo aquel sono que teño atrasado -que é moito-, porque sempre durmín pouco e mal.
Intúo que os máis achegados me estarán buscando e non porque baixe ás aldeas para saber o que ocorre, senón porque cae de seu. Por iso non me deixo ver para que non me atopen, para que non me encontren. Estou moi ben só. Así teño a vara e a besta, ou sexa, fago e desfago á miña maneira.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES