Loitando contra da crise
Editorial - viernes, 10 de octubre de 2008
As autoridades económicas, os entendidos na materia, os implicados, saben perfectamente o que hai que facer diante dunha crise que está esixindo cambios de algo máis ca estratexia. Está esixindo tempos novos.
E os gobernos deciden accións multimillonarias coma nos Estados Unidos, pero o mercado segue sen atender a razóns. Os paises europeos deciden apoiar a economía da Eurozona, e a economía da Eurozona non se entera. A autoridade monetaria baixa o precio oficial do diñeiro en medio punto despois de paulatinas subidas, e en lugar de reaccionar á baixa sube o Euribor. Parece como se estivesen fallando todos os mecanismos cadeas de transmisión- que facían funcionar o entramado económico.
O Fondo monetario internacionala prognostica que España entrará en recesión en 2009, e ninguén se da por aludido porque a recesión co nome que queira dárselle- xa está aquí.
As bolsas, que son o termómetro do que pasa nas economías dos paises civilizados, xiran como tolas sen rumbo. Baixadas estremecedoras nunha soa xornada vense continuadas con tímidas subidas para volver a baixar. O barco navega pero os motores non funcionan e o timón non responde.
As voces responsables fanse oir un día si e outro tamén chamando á tranquilidae, prognosticando mellora ó final do próximo 2009, mentras todos nos preguntamos como poderemos facer a travesía do deserto que nos leve a este porto tan lonxano que aparece borrado nas nosas cartas de navegación.
Ninguén dubida de que as autoridades económicas están loitando contra da crise. As dúbidas refírense ós medios utilizados, á súa oportunidade, ás forzas aplicadas na loita, ó coñecemento exacto do problema.
Temos crise para moito tempo. E pasa con ela como coa gripe. Para este ano anúncianse tres cepas diferentes que farán moito más difícil vencela. A crise económica ten milleiros de cepas ateigadas de virus. E xa é tarde para vacinarnos. E ninguén parece saber que tratamento utilizar.

Editorial
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora