Irmandade Xurídica Galega
González Martínez, Xosé - viernes, 03 de junio de 2022
A existencia dun dereito consuetudinario propio é unha evidencia constatada na imnumerable biografía xurídica publicada desde hai ben tempo. Non vén ao caso relacionar a amplísima nómina de xuristas que se preocuparon pola súa existencia e necesidade de regulalo.
O notario, e tamén amigo, Victorino Gutiérrez-Aller califícouno como "a cerna da vertebración deste país", identificándoo sempre coa lingua galega, o idioma común dos seus usuarios. Moitísimas décadas antes, Lois Peña Novo, outro xurista de recoñecido prestixio, subliñaba esa restreita relación: "É moi importante o idioma no que o Dereito se manifesta, porque o idioma é o resultado da cultura de cada pobo, que foi acumulando os elementos de expresión necesarios para manifestar o seu espírito".
Fermín Bouza Brey publicou en 1931 un artigo no que expresaba con rotundidade esa relación, "porque a xente que acode aos xulgadosson maioritariamente galegofalantes". Esta teima reivindicativa expresouna o Centro Galego de Montevideo nun escrito dirixido ao Presidente do Consello de Ministros en 1930: "Igual sucede cos xuíces e demais dependencias da xustiza que, as máis das veces, teñen que valerse de intérpretes, toda vez que non é xusto nin humano xulgar descoñecendo o idioma que emprega o acusado para a súa defensa".
Cando en 1972 se celebrou o I Congreso do Dereito Galego, as referencias á identidade galega reiteráronsenas súas sesións. Chovía sobre chan mollado. Nas conclusíóns recóllese unha suxestiónque é precursora da galeguización xurídica: "Os escritos xudiciais, alomenos os interrogatorios e preguntas, repreguntas e confesións, así como os interrogatorios "in voce" poderán facerse en galego e castelán. O confesante ou a testemuña manifestarán ao xuíz ou Tribunal en cal dos dous idiomas desexan ser interrogados, e as respostas recolleranse na que se manifeste".
A Irmandade Xurídica Galega herdeira dese discurso galeguizador do Dereito e da Xudicatura, celebrará o próximo día 11 a súa XIII Asemblea Xeral no Salón Nobre do Pazo de Fonseca, na que fará memoria daquel feito histórico, e no que ingresarán vinte novos irmandiños/as que veñen engrosar a numerosa nómina de adheridos, que son os dinamizadores da galeguización xurídica vencendo moitos atrancos e indiferenzas.
Nese ámbito das mornezasaniñan a Escola Galega de Administración Pública e Academia Galega de Seguridade Pública, dous organismos dependentes da Xunta de Galicia, nas que se observan elevadosbincumprimentosbno mandato legal de promover o uso do galego.
Incursos neste incumprimento normalizador está taména Asesoría Xurídica Xeral da Xunta. A inmensa maioría dos seus letrados utilizan exclusivamente o castelán nos procedementos procesuais perante os órganos xurisdicionais. A observación que facemos ten unha relevancia transcendental na marxinación do galego nos usos xurídicos. E o peor é que pasan os gobernos e non mudan os hábitos lingüísticos.
Tamén notamos as incoherencias dun sector considerable da sociedade galega moi dado a celebracións puntuais de exaltacións galeguistas. Abonda coñecer o ínfimo número de escrituras públicas redatadas en lingua galega que se tramitan nas notarias para evidencialo.
Xosé González é Secretrario da Irmandade Xurídica Galega.

González Martínez, Xosé
Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los
autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora