Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Letras nosas

jueves, 02 de junio de 2022
Os de Lugo ollamos o Día Das Letras Galegas, anceiando ser o centro de atención pola cantidade e calidade das nosas xentes de letras, recoñecendo a xustiza que este ano se fai a González Gurriarán, namorado de Galicia na forzada distancia, extensiva aos galegos que fixeron patria en México, Cuba ou na Arxentina.

Pasado o día empezan as especulacións de quen será o persoeiro de 2023, que en breve se designará. Desde Lugo temos fixo para 2032 a Darío Xohán Cabana; o 2026, Agustín Fernández Paz e 2028, Xabier Puente Docampo, todos da Terra Chá de Lugo. Eses anos cumpriranse dez da morte destes grandes escritores. Ata entón, os vilalbeses seguimos soñamos con Carmiña Prieto Rouco, os de Meira e Riotorto con Avelino Díaz, os de Castro de Rei, con Crecente, nas terras de Paradela, con Manuel Rodríguez, e os do val de Samos con Fiz Vergara Vilariño, que estivo a punto de selo varios anos. Pero non hai días para tantos porque hai que contar co resto de Galicia.

Se sae alguén lucense, entusiasmaranos o Día das Letras de 2023; se non, agardaremos polo ano seguinte. Porque Lugo, só Lugo, ten canteira abonda para facer un Día das Letras galegas ou lucenses.

A estes efectos era perfecto, tendo en conta que a Terra Chá é a máis grande canteira literaria das terras de Lugo, o Día das letras Chairegas, que varios anos honrou a escritores que merecían honra en vida, e tivérona.

Para que a alguén se dedique o Día das Letras, hai que morrer e agardar 10 anos. As "Letras Chairegas" dedicábase aos vivos. Deixou de celebrarse, e é magoa porque poderían convivir... Que hai moito que celebrar nas letras galegas, lucenses e chairegas.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES