Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Cuestión de Confianza

viernes, 10 de octubre de 2008
Tras o afundimento de Lehman Brothers, continúa o desplome bursátil, con franceses e belgas tratando de salvar Fortis Bank, xermanos anunciando en domingo garantía de depósitos bancarios, Zapatero reunido o luns cos responsables de seis entidades financeiras españolas, Rajoy tratando de sacar o mellor partido -nunca mellor dito- á reunión pendente en Moncloa, Touriño facendo especial mención á situación económica no último debate sobre o estado da autonomía da presente lexislatura…

E neste mar de dúbidas, nesta macrocrise de confianza, está por saber que din os nosos políticos máis cercanos, os provinciais e locais. Existe pronunciamento neste asunto? Hai un plantexamento de medidas alternativas? Por favor, digan ou fagan algo. A fin de contas, vostedes son os representades da vontade popular que máis están en contacto coa rúa, polo que estou seguro que a xente lles agradecerá os seus desvelos.

Ante este panorama, é normal que o cidadán sinta medo, que teña dúbidas e as manifeste. Ante este panorama, os políticos deben facer un exercizo de responsabilidade, buscando unidade de acción do conxunto da sociedade para afrontar as consecuencias da recesión económica. Ante este panorama, os medios de comunicación deben evitar -máis que nunca- as informacións sen fundamento, as polémicas innecesarias, os titulares sensacionalistas e os contidos catastrofistas, que favorecen a incertidume do consumidor e crean confusión innecesariamente.

Xa o dixo Alan Greenspan: “o noso sistema de mercado depende de forma crítica da confianza”. Estamos a vivir unha crise de liquidez provocada polo deterioro da confianza do sistema financeiro mundial ante a elevada incertidume. Mentres, o Papa pérdese nun delirio teolóxico dicindo que, fronte á crise económica “só a verba de Deus é estable”. En fin, menos palabras e máis feitos. Sexamos maduros e responsables, con Deus ou sen el.
Paz, Moncho
Paz, Moncho


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES