Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Eugenio Montes e o movemento Ultraista

lunes, 13 de junio de 2022
A creación literaria de Montes, tanto en prosa como en verso, dentro dos movementos da vangarda europeos, representa, a verdadeira esencia de virtuosismo do gran intelectual, que estaba chamado a ser. Esta luminaria creativa, foi perdendo resplandor, a medida que a súa implicación política íase incrementando.

A palabra ultraísmo, deriva do latín, é froito da suma do prefixo "ultra", equivalente ao máximo ou máis alá, e do sufixo "-ismo", que ven a significar doutrina ou movemento. Trátase dun berro, alto e seco, que deixa un eco sonoro, que chama a renovación, a contraposición e a liberdade. Representa a oposición ao modernismo e aos compromisos e dogmas sociais, tales como o cristianismo e o comunismo (1).

"Los movimientos de vanguardia europeos -quizá a través de su forma ultraica- llegaron a Galicia por impulso de Eugenio Montes, Correa-Calderón, Jesús Bal, Álvaro Cebreiro, Otero Espasaudin, Manöel-Antonio, Amado Carballo, Johan Vidal Martínez, (...). El que más influyente apareció en este aspecto fue Eugenio Montes (...). (2)

Na creación literaria de Montes, desde os primeiros poemas, a metáfora é a raíña da composición, de forma sutil, vaise facendo dona, cando non é do todo, é da parte, a rima é importante, anque por momentos déixalle o espazo ao ritmo. A plasticidade está latente, de forma: visual, sonora e cenestésica; por veces parece que ves o que escoitas ou escoitas o que ves. xorde a simultaneidade, dáse unha fusión de planos, onde as imaxes discorren a gran velocidade.

Para seguir unha orde cronolóxica, comezo por dúas publicacións do ano 1919, na revista Grecia, unha en prosa e a outra en verso (anexo 1).

1. Atardecer en New York, dedicada a Vicente Risco. Grecia, nº XVI, 20/5/19.
2. Poema N espacial "Five o'clock Tea", dedicada a Joaquín Escosura. Grecia, nº XXIV, 20/9/19.

Nestes textos mostrásenos o Eugenio Montes da corrente ultraísta. A xustaposición de imaxes, por veses superpostas e outras solapadas ou diluídas, nun escenario cheo de contrastes extremos, irreais, impactantes, ven a ser, un caos en movementos rápidos, transformadores, que fan imposible, que a mente do lector lles pasen desapercibidos, sen darse conta, está visualizando a escena, e as neuronas espello, fanlle revivir as emocións en tempo real, e pasa a ser protagonista dese campo de acción. Este trazo extremo, foi amainando, a partir dos anos viente, tanto na poesía como na prosa, a modo de exemplo temos estes dous poemas, cheos de harmonía, rima, ritmo, métrica e beleza, (anexo 2). Mágoa que Montes deixara de publicar tan cedo na nosa lingua:

1. "Pol-as corredoiras espidas", dos Alalás da noite de S. Xoán (3), que Eugenio Montes lle dedica a Ramón Cabanillas, no ano 1922.

Pol-as corredoiras Ispidas
Pol-as corredoiras
Ispidas, encoiras,
Pol-as corredoiras que van voca a baixo
Pol-as corredoiras que trepan e choutan
Pol-as corredoiras
Ispidas, en coiras,
Molladas de lúa que lamben o chao.
Ai lelelo, i-ai lelelo
Ai lellelo, i-ailalalá.
Baixan as cantigas
Xa desguedelladas
As loiras cantigas
Cansas, sofocadas.
As cantigas mozas
Como os mariñeiros
Con pinchos de toxos
Feridas, tatuadas
Ai lelelo, i-ai lelelo
Ai lelelo, i ai-lalalá
-
Baixan as cantigas
Pol-as corredoiras
que lamben o chao
Baixan as cantigas
Collidas da mao.


2. Do ano 1927, en Nós aparecen publicados tres poemas: A lúa e o San Andrés, Barqueiro de Ribadavia e Biografía do liño (4), escritos en París e dedicados a Madame Sarita Zelmanowich (anexo 2).

A lúa e o San Andrés
A lúa viña de volta
do San Andrés de Teixido.
Os arbres eran pandeiros,
rugaban a noite os grilos.

A lúa viña de volta
do San Andrés de Teixido.
por atrapala un luceiro
foi, sin folgos, de camiño.

Baixo ponlas de cerdeira
froleceron os seus bicos.
As cereixas eran novas
e abermelláronse ô oubilos.

Xa chegou o vran, Xa cantan
Os mozosde Vilariño.
"Lúa chea , lúa chea,
ti, lúa, vas ter un fillo".

Ay, que a lúa está preñada,
Ay, que está grosa e sinbrilo.



NOTAS
1. "Ultraísmo". En: Significados.com. en: https://www.significados.com/ultraismo
2. Augusto María Casas. La Gaceta Literaria. Madrid 15 de Julio de 1928. Año II, n. 38; p. 6.
3. Alalás da noite de S. Xoan por Eugenio Montes. A Ramón Cabanillas. Nós, ano III, T. I (1922), n. 12; p. 2.
4. Poemas de Euxenio Montes a Madame Sarita Zelmanowich. Nós, ano IX, T II (1927), n.47; p. 8-9.
Rivero, Manuel
Rivero, Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES