Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

jueves, 02 de junio de 2022
É lume

É lume, pero non ardemos. No é tan fácil arder. Eu non ardo nin cunha bomba de neutróns. E iso que me acendo moi facilmente. Pero tan só é de cando en vez. Polo xeral son frío coma un lazo, coma un cadorno, coma un carambelo. Si, gústame máis carambelo que as outras, é dicir, que xeo. Como me gusta máis sapoconcho que tartaruga. Para gustos din que hai cores. Hoxe, para gustos, hai graos de temperatura. Pingas de Orballo Para uns, 34 que hai agora, son moitos e, para outros, son poucos. A min dáme igual. Xa teño dito que vallo tanto para o tute como para a brisca, ou que son pau para calquera culler. Nin a bomba de neutróns me rebenta.
É lume, pero non ardemos. Tamén é certo que estou á sombra. Porque a hai. Non hai moito, ás tres e pico da tarde, andaba baixo a canícula. Atando unhas 20 ou 30 cepas. Un día teño que contalas para saber a cantidade exacta. Contáraas cando as puxera, pero fallou algunha e xa me despistou. Como son tantas... Como a memoria, agora, é un pouco efémera terei que contalas de novo e anotar. Anotar, si, porque ós dous días xa non recordarei.
A ver, por moita calor que faga, non me arden as ideas. E aquelas ideas que realmente me interesan, non se me esquecen. Que va. A memoria é efémera para o que quero. Ou para disimular. Case, por exemplo, como agora mesmo que, non sei se pola propia calor ou precisamente pola falta de ideas, o asunto este da escritura vai como vai. Si, case mellor achacarllo a esta nugalla calorosa, abafante e quedo máis ou menos ben. É lume, pero aínda non ardín.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES