Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Empatizar coa diversidade

miércoles, 01 de junio de 2022
Acadar a verdadeira inclusión está a resultar un proceso moi lento porque non é fácil poñerse na realidade dos outros. Como se adoita dicir, "poñerse nos seus zapatos". As persoas con diversidade funcional acaban por quedar atrapadas nunha espiral de exclusión ante o dilema "non se participa por falta de accesibilidade ou falta accesibilidade porque non se demanda". De pouco serve que se recoñeza como un dereito se hai que manter unha loita constante para ter os mesmos niveis de participación que o resto da cidadanía.

Como mostra dúas historias que me tocou vivir recentemente. Invitada a una conferencia por un compañeiro a quen previamente lle confirman que vai ser no salón Empatizar coa diversidadeda planta baixa dun local moi coñecido. Lembro que hai rampla e acepto. Chega o día e espero que abran a porta que lle dá acceso. Curiosamente, e despois de probar varias, non se sabe da chave. No camiño de volta non deixo de pensar no contrasentido da situación. Cónstame que os organizadores, algúns vellos coñecidos, o sentiron moito. Hai uns días compartían a mensaxe "xa temos a chave da rampla". É evidente que o local non é frecuentado por persoas con mobilidade reducida.

A outra historia: unha compañeira que me fala dunha actividade na que participa, paréceme interesante e tómase a liberdade de anotarme. Como chove sobre mollado... pensaba analizar antes a accesibilidade porque a miña "visualización" era que había un chanzo bastante alto na entrada. Aínda que na información do local figura "acceso a persoas con mobilidade reducida", quixen asegurarme nunha conversa telefónica. Teñen unha rampla portátil e vou recoller o material necesario. Non é practicable. Descarto participar e suxiro cambiala para que a publicidade non sexa enganosa. Pasados uns días avísanme da adquisición doutra rampla e agradecen que vaia a probala. Xa podo asistir como convidada á xuntanza. Quero destacar a boa disposición do persoal en todo momento. Tamén é evidente que non era frecuentado, pese a estar moi céntrico.

As barreiras sitúan á persoa nun plano de desigualdade favorecendo así o sedentarismo. Está demostrado que as leis, frías e distantes, non son suficiente. Tamén se precisa empatía coa diversidade para derribar os muros da discriminación. Persoas tolerantes que, con pequenas accións, están a promover a autonomía e a independencia. Todas as actividades que se organizan deberían preguntarse se inclúen a diversidade funcional. A estas alturas a accesibilidade non pode ser o condicionante que limite a vida social, cultural... O tema xa resulta canso, sobre todo, tendo en conta que a Ordenanza Municipal de Supresión de Barreiras Arquitectónicas tamén está de aniversario. Cumpre vinte e cinco anos!!
Bravos, Marisol
Bravos, Marisol


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES