Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Todo é posible

jueves, 02 de junio de 2022
A vida dános moitas sorpresas.
Todos temos visto ou oído de:
- Criaturas que nacen enfermas e recupéranse grazas ós avances da medicina.

- Esudiantes con dificultades para o estudio que, chegado o momento, encontran un oficio que lles gusta e dan como resultado excelentes profesionais.

- Enfermos desahuciados que despois de moito loitar, dan cun médico que lles acerta e recupéranse.

- Persoas que botan tempo en coma despois dun accidente e un bo día volven á vida.

- Persoas de orixe moi humilde que souberon cultivarse e administrarse e chegan a altos postos de moita responsabilidade.

- Países destrozados pola guerra que chegan a ser grandes potencias mundiais.

Vostede estará pensando:
- Mellor que non naceran criaturas enfermas.
- Mellor que tódolos estudiantes foran moi brilantes.
- Mellos que non houbera enfermos desahuciados.
- Mellor que ninguén tivera que estar en coma.
- Mellor que non houbrera persoas pobres.
- Mellor que non houbera guerras...

Todos desexaríamos non ter problemas.
Pero se non tiveramos problemas...
¿Qué mérito teríamos?
¿Por qué loitaríamos?
¿Seríamos máis felices?
Posiblemente, non.
De feito encontrámonos con moitas persoas na vida que non lles falta de nada; pero non son felices.
Incluso hai persoas sas, que non teñen ningunha patoloxía e van ó médico a queixarse dos problemas que non teñen.
Hai persoas que viven moi ben e non son conscientes do ben que están.

PARÉCEME QUE A VIDA ESTÁ PENSADA PARA SER LOITADA E PARA SER AGRADECIDA.
Admiro as persoas que loitan e agradecen.
Cando loitamos por algo, dámoslle valor.

Cando algo nos costa moito, parécenos que merece a pena.

Cando vemos que unha persoa se esforza, sabemos darlle mérito.

Tamén nos encontramos con persoas ricas que levan unha vida desordenada e, en pouco tempo, acaban con canto teñen elas e máis a súa familia.

Tamén nos encontramos con persoas pletóricas de saúde que a perden nun abrir e cerrar de ollos nun accidente.

Tamén nos encontramos con estudiantes cunha mente prodixiosa que son vagos empedernidos e non aproveitan os seus talentos.

Por eso debemos ser moi respectuosos con todos porque non sabemos como evolucionarán ó longo da vida e tampoco sabemos se precisaremos da súa axuda.

A soberbia é moi mala compañeira.
O pobre necesita do rico e o rico do pobre.
O traballador necesita ó empresario e viceversa.
O estudiante necesita do Mestre e o Mestre necesita estudiantes.
O vendedor necesita compradores e os compradores necesitan quen lles venda.
Todos nos necesitamos e todos nos complementamos.

NINGUÉN É MÁIS NIN MENOS QUE OUTRO SEMPRE QUE SAIBA OCUPAR HONRADAMENTE O POSTO QUE A VIDA LLE TEN ASIGNADO.

A humildade é unha virtude que debemos cultivar e agradecer.
Ser moi agradecidos : en primeiro lugar debemos agradecer a vida e os talentos que Deus nos dá.
En segundo lugar mostrar agradecemento ás persoas que encontramos polo camiño da vida porque en boa medida son constructoras das nosas vidas.

"CONSTRUCTORES DAS NOSAS VIDAS"

Este será o título do seguinte artigo.
Moitas grazs por facer posibles tantas cousas boas e por terme na súa consideración nesta ocasión.
Cachaza Platas, Mercedes
Cachaza Platas, Mercedes


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES