Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 31 de mayo de 2022
A covardía das directas

Sento á sombra, pido un café e conto o que vou contar. Ninguén me chama Segismundo porque nunca se acordan do meu nome. Para todos os veciños e coñecidos son o fillo da Clotilde do Anselmo. Nin os meus pais me chaman Segismundo. Para eles son o neno. Teño 60 anos.
Poida que sexa algo pasmón, pero aseguro que non son parvo enteiro. Algúns Pingas de Orballo queren mesturar os allos coas cebolas, e como labrego que son, tamén afirmo que non ten nada que ver, xa que os allos son máis pequenos cás cebolas. Tamén hai quen pensa que non entendo as indirectas. Pero como non son parvo enteiro e como xa teño afirmado outras veces: as indirectas son a covardía das directas. Ou sexa, e para aquel que sexa parvo enteiro, direi que non hai maior directa que unha indirecta.
Xa me trouxeron o café, xa o tomei e tamén sei que, como pensan que son medio pasmón, outros intentan poñerme atrancos. Certo que ás veces custa pasalos ou arrodealos, pero con paciencia e porque o tempo pasa e todo cambia, ó final sempre o consigo. E se por un casual non ocorre, tampouco me importa recuar, é dicir, pegar a volta e volver por onde viñera. Se ó final, a vida é moi sinxela. Máis simple do que se pensa. Somos nós os que, por veces, a complicamos. E abofé que o conseguimos.
Pero como fillo da Clotilde do Anselmo que son, mesmo sei razoar cando quero, e cando as nubes negras intentan taparme o sétimo ceo, eu subo ó arco da vella e percorro con melancolía e nostalxia todas as cores da experiencia. Ó mesmo tempo que asimilo a covardía das directas
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES