Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Condescendencias nocivas

miércoles, 01 de junio de 2022
O que pasou nas cortes de Castela e León entre Noelia Frutos e Juan García-Gallardo é o pulso eterno entre a emancipación e a esmola, a condescendencia e a inclusión, a convivencia e a coexistencia.

O mundo evoluciona pero o medievo parece que aínda teima en levarlle a contra ao progreso. Quizais por iso, nunha democracia "avanzada", un cantor pode ser o demo e unha actitude condescendente parecer chea de valores.

A clave é, como quere esta ideoloxía a diversidade funcional: incluída ou recluída? A cousa non ten boa pinta. En todo caso nós seguiremos na nosa lexítima posición que é a da inclusión: acceso ao dereito á educación pública, acceso ao dereito ao traballo, acceso ao ocio, acceso á vida pública e accesibilidade universal.

A clave, para nós, é se estas ideas van permanecer na marxe ou van medrar ata recluírnos novamente á marxe da que saímos por obra e graza da nosa propia loita?
Santalla, Iago
Santalla, Iago


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES