Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Federar asociacións

miércoles, 08 de octubre de 2008
Chamoume a atención que o concello de Vilalba promova a creación dun rexistro de asociacións locais, como o que prácticamente ven funcionando en todos os concellos importantes para que no goberno municipal se saiba quen é quen entre os que se dedican ou nos dedicamos a actividades culturais ou sociais.

Aínda que na actualidade o movemento asociativo vive tempos de floxedade porque cada quen ten múltiples actividades, o certo é que son innumerables as entidades asociativas que poden revestir diversas formas legais, sexan fundacións, asociacións de vecinos, da terceira idade, asociacións culturais, e un amplo etc.

As asociacións son tan variadas coma os seus fins, e as culturais dedícanse á música, ó cine, o folclore... as de veciños a defender temas das zonas onde viven... as da terceira idade ou de rapaces, ós intereses propios de cada idade... e, en fin, os asociados de comunidades de montes, de criadores de raza rubia galega ou de profesionais de hostelería defenden os temas que lles son propios cunha eficacia que depende somente do traballo dos seus asociados.

O que en Vilalba se pretende primeiro é establecer un rexistro de asociacións para que na casa do concello consten todas as que existen. E se ben as que non se rexistren seguirán podendo funcionar, non poderán obter axudas do concello, ás que todas sen dúbida aspiran. Ocorre así en concellos, deputacións, xunta de Galicia... entidades nas que hai que estar inscritos para poder aspirar a ser recoñecidos e axudados.

O segundo paso en Vilalba vai ser a constitución dunha Federación destas entidades, que será como asociación de asociacións, que coordine actividades e sirva de interlocutor co concello e demáis institucións para temas de interese xeral.

Se en Vilalba existen diversas asociacións culturais, entidades de promoción social, asociacións de vecinos en cada unha das vintenove parroquias e ata unha Ong, está ben eso de regularizar a súa existencia para que todos saibamos as que hai, a que se dedican, e quen está ó seu frente.

Premisa primordial é que estas asociacións non teñan cor política algunha, aínda que os seus representantes poidan practicar a confesión política ou relixiosa que máis lles acomode. Porque ninguén pode convertir unha asociación, xa non digamos a Federación, en púlpito político. Que ademáis non é rendible, porque deixaría de ser operativa.

Vilalbeses de diversos colectivos e asociacións do concello foron a Collado-Villalba para participar nos actos de irmandamento con esta localidade madrileña... É como unha primeira pedra do edificio da futura federación de asociacións vilalbesas. esta accion que o concello promove sairá un conxunto de representantes diante do concello, cos dereitos que da a presencia regulamentada, e unha directiva influente e poderosa dunha Federación que será un contrapoder municipal.

Seguro que o alcalde sabe o que fai, sen que sexa para controlar o incontrolable. Se o concello non promove esta acción, xurdirá quen a promova. Mellor é facelo coordinadamente e que democráticamente se faga evolucionar o movemento asociativo vilalbés.
Xiz, Xulio
Xiz, Xulio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES