Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Rituais ancestrais do Entroido (3)

miércoles, 25 de mayo de 2022
Achegas históricas á corrida do galo en Galicia e nos Concellos Chairegos de Castro de Rei e Cospeito

No concello de Castro de Rei, levouse a cabo este ritual nunha serie de parroquias, que tiñan como denominador común a presencia de bastante público e, tamén, algunhas similitudes con respecto ao acto. Así, na parroquia de Ansemar ataban unha corda entre dúas árbores e, logo penduraban da mesma a varios galos polas patas. A continuación, os concursantes montados en cabalos, moi ben ornamentados para a ocasión, pasaban a galope por baixo deles e tentaban arrincarlles a cabeza. A corrida Rituais ancestrais do Entroido (3)do galo nesta parroquia foi descrita por Edelmiro Garcia (1) da seguinte maneira: "Antes tiraban tamén, arrancábaselle a cabeza ao galo vivo. Iban en bestas e arrancábanlle a cabeza ao galo, colgado dunha pata nunha corda e os corredores iban e arrancábanlle a cabeza, Eso despois prohibirono, ahora xa non hai iso" (2). Con motivo da "corrida do galo" entraban en acción "os fareleiros".

Tratábase dunha máscara, que aínda está operativa na actualidade. Inicialmente, tiña como finalidade protexer ás personas, que acudían a ver "a corrida do galo", dos xinetes que participaban na mesma. "No carnaval, había os fareleiros, ... os fareleiros era como unha guardia de seguridad, que había para cando había bestas pa separar á xente pa tras, pa que non mancaran a nadie as bestas" (3).

Levaban unha vestimenta de cor branxo e unha caraúta de trazos sinistros. Nas súas mans portaban un bastón do que penduraba un saco de fariña na súa parte inferior. Na parroquia de Loentia, colgaban os galos nunha corda dun lado da pista ata o outro; a continuación, pasaban os cabalos cos seus elegantes cabaleiros tirando polas cabezas dos galos, a ver cal arrincaba máis. Os cabalos eran prestados, pero ían enrestrados e moi preparados, con rosas de papel. Ó final ían unha carreira a ver cal gañaba (4). Na parroquia de Castro Ribeiras de Lea, a corrida do galo consistía en colgalos vivos dunha corda. Logo, os cabaleiros a galope, montados nos seus cabalos, pasaban por debaixo intentando arrincarlle-la cabeza. Ó que o conseguía dábanlle o galo de regalo.

Normalmente, ó día seguinte, facían todos xuntos unha comida cos galos acompañada de chourizos, orellas, filloas... (5). Na parroquia de Bazar, realizábase "o ritual do galo", no Campo de Carravilar, usando a mesma estructura que nas demais parroquias: xinetes en cabalos moi enfeitados; galos vivos pendurados dunha corda; degolamento dos galos e, como remate, xantar dos galos por parte dos concursantes no ritual.

En varias parroquias do concello de Cospeito, como Bestar, en vez da "corrida do galo", levábase a cabo a "corrida do pato". Este ritual baseábase no seguinte: "Os mozos de cada parroquia traían polo Entroido patos dunha lagoa próxima e poñíanos boca abaixo, amarrados polos pés dunha corda, atada entre dúas árboles. Logo, pasaban a cabalo Rituais ancestrais do Entroido (3)por debaixo para arrincarlles o pescozo. Este costume perdurou ata comezos dos setenta. A partir desta data os patos foron susbtituídos durante uns anos por galos mortos" (6). Tamén, se realizaba noutras parroquias próximas como Sisoi, Xermar, Arcillá... Nalgunhas entidades de poboación pertencentes a Francia, Alemaña, Inglaterra, e P. Baixos sacrificábanse gansos en vez de galos (7); outro tanto, sucedía nalgunhas localidades navarras como Azcárate, Lecumberri, Ciga... (8).

A partir de comezos do último tercio do século XX, esta práctica ritual de carácter cruento foi paseniño sustituída por outra incruenta. As razóns ou motivos, que posibilitaron o cambio do ritual están relacionadas por unha banda coas prohibicións gubernamentais, que xurdiron nestes intres; tamén, a presión exercida polas asociacións ecoloxistas dende hai anos; e finalmente, ao rexeite do ritual por parte dalgúns membros das diferentes comunidades nas que se realizaba polo seu carácter irracional e violento.

Todo isto ía motivar o xurdimento de novas prácticas rituais de índole racional, que tiñan como finalidade a diversión, o humor, mais tamén servir de critica burlesca dos diferentes aconteceres da vida cotiá. Entre estas novas prácticas distinguimos as seguintes: 1º. A creación duns xogos nos que o "galo" vai ser o persoeiro central. 2º. A posta en escea de dramas e comedias, nas que o galo vai ser o fundamento básico das mesmas, representado por un membro da comunidade.

NOTAS:
1. Dende a miña óptica foi o sermoeiro máis importante do municipio de Castro de Rei e un dos máis célebres da Terra Chá.
2. RUBIEIRO DA PENA, Ana María; PÉREZ PÉREZ, Carolina; ABELLEIRA VEGA, Gloria.: "Proyecto de Recuperación da Tradición Oral na Contorna de Viladonga (2). Concello de Castro de Rei", en CROA (Boletín da Asociación de amigos do Castro de Viladonga). Nº 26, 2016, Castro de Rei (Lugo), páx. 67
3. RUBIEIRO DA PENA, Ana María; PÉREZ PÉREZ, Carolina; ABELLEIRA VEGA, Gloria.: Ob. cit., páx. 68.,
4. BRAVOS LÓPEZ, Marisol (Coodinadora). Equipo de Normalización Lingüística. C.P. Veleiro do Campo (Castro de Ribeiras de Lea). Cursos 95/96 e 96/97. Anacos da nosa cultura. Refráns, adiviñas, lendas... Celebracións, oficios... Aparellos. Lugo: Publicacións Citania, 2000, páx.137.
5. BRAVOS LÓPEZ, Marisol (Coodinadora). Equipo de Normalización Lingüística. C.P. Veleiro do Campo (Castro de Ribeiras de Lea). Cursos 95/96 e 96/97. Anacos da nosa cultura. Refráns, adiviñas, lendas... Celebracións, oficios... Aparellos. Lugo: Publicacións Citania, 2000, páx.134.
6. Informante de Bestar: Claudio Castro López.
7. GONZÁLEZ REBOREDO, X.M.: "Teatralidade e Teatro no Entroido de Galiza", en o Patrimonio Inmaterial das Terras de Lemos. Actas do Congreso, primavera-outono, 2009, Lugo: Lugo Patrimonio, Deputación Provincial de Lugo, páx. 115.
8. COCHO, Federico.: Ob. cit., páx. 202.
Blanco Prado, José Manuel
Blanco Prado, José Manuel


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES