Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

miércoles, 25 de mayo de 2022
O Cadáver

Receille tres responsos e unha ave maría. Ó cadáver que atopei na carreira que vai ós Caneiros. O cadáver érame descoñecido. Tamén era raro. En todo. Sen ser un extraterrestre, semellaba un alieníxena. Incluso era rara a posición na que se atopaba. Nin tan sequera nas películas aparecen desa maneira.
Pingas de Orballo No segundo responso meteuse polo medio unha canción de Paquiño Sinatra e, malditas coincidencias, na ave maría foi Charlie Santana o que soltou uns acordes de guitarra polos meus auriculares.
Antes de chamar á garda civil, eu mesmo empecei a acordoar a zona. Con arame de espiño. Porque sei que a xente é moi curiosa e o cadáver non estaba en situación de ser visto por ollos inexpertos. Salientar aquí e agora que eu son o profesional para todos os asuntos estraños que acontecen en Baños de Molgas. Dicir que no caso que nos ocupa, eu non andaba por esa labor. Simplemente que me dirixía a ver os castiñeiros que o irmán máis vello ten no Caneiro. O encontro co cadáver foi fortuíto. E como católico, apostólico e galego que son pois que menos que unhas pequenas oracións. O cadáver é descoñecido, pero ante todo, un respecto.
Estirando o arame foi o Melendi o que quixo alterarme os nervios. O que me facía falta! Porque xa me empezaba a poñer nervioso. Pois non avanzaba nada na investigación. Foi un dos gardas que, cando chegaron, confesou que era o Silabario Bendito, un africano que acababa de chegar en patera. Aí caín na conta de que o cadáver era negro.

Coma lobos

Hai que andar coma o gato polas brasas nisto das investigacións. Algúns deses que van de listos pola vida botáronse a min coma lobos porque onte tardei en decatarme de que o cadáver que atopara na carreira do Caneiro era dun negro, dun home de color. Un despiste teno ata o máis superdotado! Ademais, hai que lembrar que actúo sempre só. En algunhas mentes humanas non hai compaixón ningunha. Non pensan para nada que ata Sherlock Holmes tiña a man a Watson, ou o Batman a Robin, Pingas de Orballo mesmo o Iron Man tiña á súa beira a Michael Caine ou Morgan Freeman. Non digo xa nada de toda a Marvel botando man de toda esa camándula de heroes. Que son eu só, carallo! A maiores de que, non dixera que o cadáver estaba nunha rara posición? Non era tan fácil ver que era negro! Viuno o garda civil porque xa lle coñecía as vestimentas. Que foi un pequeno despiste, por Deus!
Si, agora moito botarse a min coma lobos, pero ben que me chamaron para que fose matar indios que se acochaban detrás das xestas do monte Medo, ou que me largase a Ucraína para liquidar rusos e destruír os seus arsenais, ou que me tire días e días de espía nas escaleiras da burga de Baños de Molgas e que lles vaia co conto de todo o que se di e acontece.
Pois xa veredes, agora que saben que teño o traxe de astronauta no faiado, non tardarán en pedirme que vaia exterminar alieníxenas por todo o universo. Coma se o estivera vendo...
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES