Opinión en Galicia

Buscador


autor opinión

Editorial

Ver todos los editoriales »

Archivo

Pingas de Orballo

martes, 24 de mayo de 2022
A San Bieito da cova do Lobo

Hoxe si son o Rambo molgués. E non por esnaquizar ó inimigo, senón porque non sinto as pernas. Por culpa dunha andaina. As miñas andainas sempre foron entre 10 e 15 quilómetros. A de hoxe foi tan só de 9,3. Pero que nove quilómetros! A metade do percorrido sempre subindo. Subindo en algúns traxectos nos que había que dobregar incluso o lombo e, por momentos, apoiar as mans nos xeonllos. Despois, como sempre Pingas de Orballo se deixo que baixar aínda é peor que subir, pois case, case. Case é verdade. Xa que ó baixar, e debido a que as pernas xa doían algo, as molestias eran continuas ó ter que afianzar ben os pés sobre a costa.
Ás catro da tarde (grazas a que o ceo estaba bastante nubrado) Xoel e máis eu saímos da Finca Fierro con destino a Parada de Piñor, subindo. Ó chegar a este lugar axiña collemos unha pista (pina como ela soa) que chega deica a estrada que vai de Parada a Piñor. Torcemos, logo, á esquerda, para baixar uns poucos metros, ata que nos atopamos, á dereita, a pista que sobe cara ó san Bieito da Cova do Lobo. Collémola, claro. Era toda en costa, en costa e en costa. Xa unha vez foramos a esa ermida, pero fixerámolo desde Piñor, que aínda que tamén é subindo, nin punto de comparación coa subida desde Parada.
A maiores de non sentir as pernas, pesábanme as mans. A causa da calor, toda a enerxía, toda a canseira baixaba para as mans. Como lle dixen ó rapaz: nunca estivera tan gordo. Ó chegar á casa repuxen forzas cun cacho de chouriza con pan.
Rivas Delgado, Antonio
Rivas Delgado, Antonio


Las opiniones expresadas en este documento son de exclusiva responsabilidad de los autores y no reflejan, necesariamente, los puntos de vista de la empresa editora


PUBLICIDAD
ACTUALIDAD GALICIADIGITAL
Blog de GaliciaDigital
PUBLICACIONES